Foz, 2 de marzo de 2018. O Concello de Foz ven de adxudicar as obras de reparación de fachadas nos edificios da gardería da Galiña Azul e do centro social. O custe total dos traballos ascende a 43.000 euros.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anunciou: “desde o goberno do Concello de Foz queremos informar de moi boas novas aos veciños do noso concello, concretamente de dúas obras importantes que se acaban de adxudicar en edificios sociais, actuacións que forman parte dos acordos nos orzamentos do ano 2017”.
O rexedor focense explica que “unha desas obras é o arranxo da fachada da gardería da Galiña Azul, que foi adxudicada á empresa Pinturas Xurxo por 16.618,14 euros. Con isto evitaremos todas as humidades que hai dende os canalóns ata os balcóns e demais zonas da fachada posto que é antiga, está feita sobre muros de pedra, necesita un repaso e cando chegue o bo tempo e especialmente cando menos se moleste trataremos de acometer esa obra que queda xa adxudicada”.
Javier Castiñeira engade que “outro dos edificios que tamén tiña dificultades na súa fachada é o do centro social, que ten unha fachada de pedra, un aplacado de pedra de granito rosa porriño e ten un problema de humidades e de filtracións polas xuntas. É unha reparación maior, de 26.589,75 euros, que fará a empresa Construcciones Narai. Consistirá no selado de todas as xuntas entre as pedras e despois un hidrofugado tentando evitar que se pase esa humidade desde fóra para dentro, o que estaba causando problemas moi grandes internos en todas as aulas. Tamén trataremos de facelo en épocas estivais para coller mellor tempo e que moleste o menos posible”.
O alcalde subliña que “son boas novas e compromisos nos orzamentos que serán cumpridos durante os próximos meses. Eran demandas importantes e edificios que levaban varios anos sen reparar e que necesitan un mellor mantemento; a estes dous tócalles este ano”.




















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



