Cervo, 2 de marzo de 2018.- A XXVII edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 17 de marzo, en San Cibrao.
A cita foi presentada este mediodía polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, as edís de Turismo e Cultura, Manuela Méndez, e Dolores García Caramés; e por representantes da hostelaría local.
A Festa volve contar cun programa repleto de actos e actividades que xirarán ao redor do protagonista ese día, o ourizo.
Deste xeito, avanzaron, que “un ano máis organizamos un show cooking, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, a partir das 12:00 horas do mediodía, no que gozaremos vendo as habilidades culinarias en vivo de tres prestixiosos chefs que cociñarán ante os asistentes innovadoras receitas elaboradas coa base do ourizo: Pepe Vieira, do Restaurante Camiño da Serpe, Diego López, do Restaurante La Molinera, e Pedro Martino, do Restaurante Naguar, da veciña Asturias.
Ao remate do show cooking os asistentes terán a oportunidade de probar o resultado desta cociña de vangarda centrada no produto estrela da Festa.
Como en anteriores edicións tamén se celebrará un concurso gastronómico que está aberto aos locais da hostelaría de San Cibrao que participan na festa e que ofrecerán tamén aos visitantes tapas elaboradas a base de ourizo coas que desmostrarán o inxenio e bo facer que caracteriza aos cociñeiros locais.
Os locais participantes poderán presentar ata dúas especialidades que serán catadas polos membros do xurado, que serán os encargados de determinar cales son as tapas vencedoras.
Méndez recordou que “durante todo o día os asistentes poderán degustar as tapas nos diferentes establecementos participantes, e tamén na carpa, onde se servirá ourizo cocido da man, nesta ocasión, da asociación Mistura; e ademais, non faltará animación –engadiu- porque a festa estará amenizada todo o día a cargo da Charanga Aturuxo, Os Charangos, A Rebolaxe, Perkusiona e Airiños do Xunco”.
Como novidade este ano haberá sesión vermú contra as 14:00 horas a cargo da orquestra Abanico, que volverá para pechar a xornada ás 22:00 horas.
Tamén estará presente nesta edición Conservas Artesanais Ares, que ofrecerá oas visitantes unha degustación do seu paté de ourizo.
Ademais, ás 18:00 horas está previsto un masterchef infantil que estará coordinado por Diego López, “co obxectivo de que os máis pequenos da casa tamén tomen contacto co ourizo e poidan elaborar pratos sinxelos; pero que de seguro nos sorprenderán”.
Villares aproveitou a ocasión para convidar a todo o mundo a asistir nesa xornada a San Cibrao, para participar nesta festa declarada de Interese Turístico Galego, que naceu do pobo e pervive no tempo grazas ao esforzo conxunto; unha Festa que forma parte xa do patrimonio cultural de Cervo e da súa historia, e que, polo tanto, dende o Concello consideramos primordial poñer en valor, e render homenaxe a un marisco tan ligado a nós que co tempo, grazas en boa parte a esta celebración con máis dun cuatro de século de vida, está a acadar o recoñecemento e a sona que merece” .
O rexedor recordou que vai non tantos anos o ourizo empregábase ata para abonar a terra, era un produto de segunda categoría, e pola incidencia do propio mercado; e grazas tamén en boa parte á contribución desta Festa, pouco a pouco logrou facerse co sitio que lle corresponde “e estamos orgullosos de que o nome de San Ciprián estea hoxe tan ligado ao do ourizo, de que en moitos lugares de Galicia sexamos coñecidos por ser un referente deste produto, que é unha delicatesen e unha exquisitez para o paladar e que a día de hoxe acadou un valor acorde coa súa natureza”.





















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



