Lugo, 12 de marzo de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde; e a Deputada de Benestar e Igualdade, Sonsoles López Izquierdo; acompañados do Director do Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas, Antonio Garaloces Paz, mantiveron este luns un encontro con usuarios do Lugo Termal 2017, nas instalacións do balneario lucense. Trátase da programación que ofrece o Executivo Provincial para lucenses maiores de 55 anos con descontos de máis de 60 euros en tratamentos mineromedicinais co fin de potenciar o benestar social e impulsar o turismo termal na provincia.
En total, foron 644 lucenses os que se beneficiaron desta iniciativa e que desfrutaron de diferentes técnicas termais nos 3 balnearios da provincia, que se adheriron ao Lugo Termal 2017. En concreto o Hotel Balneario Augas Santas, en Pantón, acolleu a 404 persoas; o Hotel Balneario Río Pambre, en Palas de Rei, a 155; e o Hotel Balneario de Lugo Termas Romanas, a 85 maiores.
Campos Conde explicou que “dende que iniciamos esta edición, no mes de decembro, xa foron preto de 650 maiores os que puideron acceder a estes tratamentos grazas aos descontos que ofrecemos dende o Goberno da Deputación. Sen dúbida, esta programación segue a espertar un grande interese entre os maiores da provincia, pois foron máis de 6.000 persoas maiores de 55 anos as que participaron no Lugo Termal durante as sete edicións que levamos desenvolto”.
Ademais, o Presidente subiñou que “dentro da nosa aposta por ser unha Deputación social e coas persoas, que traballa por mellorar o benestar dos nosos maiores, ofrecemos atención especial ás persoas con problemas de mobilidade, para garantirlles o acceso e goce dos tratamentos; así como programas específicos a persoas con algún tipo de discapacidade física, psíquica ou sensorial”.
Preto de 650 persoas
Os paquetes con descontos e os participantes nos mesmos foron os seguintes:
– Con estancia, paquete que elixiron 565 persoas: foron 6 días con 5 noites de estancia, no que o día de entrada foi o domingo e o de saída o venres. Foron 5 pensións completas. Incluíu 12 técnicas de saúde, un recoñecemento médico á chegada, un programa de animación sociocultural de luns a xoves, asistencia especializada e programas específicos para persoas con problemas de mobilidade ou incapacidade. Todo isto por un prezo de 190 euros.
– Sen estancia, paquete que elixiron 79 persoas: con prezos de 200 euros para 30 técnicas terapéuticas, durante 10 días; e un recoñecemento médico.
Máis prazas nos 3 balnearios
O Goberno da Deputación ofrece outras 111 prazas con descontos do Lugo Termal 2017. Os interesados en participar deben cubrir os formularios de inscrición, que están en www.deputacionlugo.gal e presentalos cubertos xunto a dúas copias do DNI no Rexistro Provincial. Ademais, haberá unha lista de espera por si quedan prazas libres, para cubrilas. Os beneficiarios das prazas poderán acudir cun acompañante, que tamén terá a posibilidade de desfrutar destes descontos aínda non ter máis de 55 anos, pero sempre que sexan de Lugo. Deberán xustificar o seu empadroamento na provincia.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



