Esta semana o mundo é algo máis escuro, algo máis pobre e tamén algo máis covarde. Un facho da humanidade apagouse, finou Stephen Hawking e con el morreu unha estrela. Finou tamén parte do entendemento do que somos e do que podemos chegar a ser. Que a terra lle sexa leve.
Mais para min é, un simbolismo do tempo de escuridade que estamos a vivir, levamos moitos fachos do seu estilo apagados, sei que é lei de vida, mais o que xa non é normal é que non se ven recambios para tanta perdida na música, no arte, na literatura, na ciencia, na política … o ciclo de xenios estase a esgotar e estamos a perder fulxencia que non se renova. Un mundo onde destacan Trump e Putín non pode ser un mundo de luz.
Cando pase o suficiente tempo para ter perspectiva, imos ver como esta é unha época de escuridade e de mediocridade tamén no campo político e social, cando menos no que a o noso estado se refire. Ollamos como Portugal está acadando fulxencia propia coa xente no centro da acción. Como exemplo fai nada, debaten no Estado veciño, unha cuestión propia da dignidade humana como é a eutanasia, cando en este lado estamos a debater sobre a cadea perpetua con aforismos, como cambia no conto.
Seguimos ancorados no rancio bipartidismo, soamente que hoxe transformado nunha sorte de xogo demoscopico, que se artella igual en dous bloques e funciona a golpe de enquisa. Sen posicións ideolóxicas, por banda e banda, de catro actores no canto de dous. O dito, escuridade xunto con mediocridade e liderados moi frouxos covardes e antigos na praxes.
Cando un estado depende das maquinacións dos equipos de fontaneiros dos partidos, non avanza, é a propia natureza do sector, compre conservar o Status Quo non vaia ser que se perdan os posibles das maquinarias partidistas. Unha banda de conservadores, da igual PSOE, Podemos, C´s e PP. Segue sendo un problema ter un deseño político que reforza ós partidos e non ás persoas herdado do 78.
O bo disto é que temos opción de ir cambiando, nas urnas, imporante ter presente que ese día sí somos todos iguais. Quizais chegue un momento en que a tecla sexa a correcta e podamos brillar como o fai hoxe Portugal. Temos que inspirar o camiño en xente como Hawking, loitador e xenio.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



