Lugo, 17 de marzo de 2018. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, informou que o Executivo Provincial aprobou na última Xunta de Goberno o orzamento para o Plan Estratéxico de Subvencións de 2018 (PES), que ascende a 6,5 millóns de euros. Estes fondos son para axudas principalmente ao conxunto de tecido asociativo lugués cos que contribuír ao desenvolvemento de proxectos que dinamicen económica e socialmente a provincia.
O 6,5 millóns de euros do PES distribúense do seguinte xeito: máis de 3 millóns de euros para proxectos de fomento do emprego e dinamización económica a través da agricultura, gandeiría, pesca, turismo, artesanía, deseño e medioambiente; máis de 1,1 millóns para o impulso do benestar social, igualdade e educación; 1,6 millóns para a promoción da actividade deportiva e preto de 800.000 para a cultural.
Criterios sociais e máis control
Son axudas nominativas, excepcionais ou de concorrencia competitiva. Dentro da aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural, na concesión valorarase favorablemente os proxectos dirixidos a promover a cohesión social, a igualdade, a fixación de poboación no rural ou a xeración de emprego. Realizaranse controis de seguimento para garantir o cumprimento do fin polo que se concede a subvención para o seu pago e estudaranse os resultados acadados.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



