O maxistrado Llarena activou a euroorde de detención contra Puigdemont e os membros exiliados do seu Govern. Xa que logo, a policía alemá executou o seu arresto que un xuiz haberá de ratificar ou deixar sen efecto. En calquera caso, se Puigdemont rexeita a súa entrega ao Tribunal Supremo reclamante, será a xustiza de Schleswig-Holstein a que decida se cómpre executar a extradición ou non, no prazo máximo dos sesenta días determinado pola Decisión-Marco do Consello que regulou a euroorde .
A Alemaña castiga condutas semellantes ao delicto de rebelión español. O artigo 81 do seu Código Penal castiga entre dez anos e vinte e cinco anos (efectivos) os delictos de alta traición contra a República Federal e entre un e dez anos os delictos de alta traición menores. O artigo 83 castiga tamén os actos preparatorios destes delictos. Velaí que algúns opinadores urxentes salientasen a diferenza entre os réximes penais alemán e belga, en claro prexuizo do President catalán.
Claro é que a lei alemá, canda a española dende 1995, esixe para que exista alta traición quer violencia, quer intimidación (“force” ou “threat of force”, na tradución inglesa oficial do Ministerio federal de Xustiza ). Ou sexa, que os avogados de Puigdemont perante a xustiza alemá poderán combater o relato da interlocutoria de procesamento de Llarena, emitida o venres.
Porque a resolución xudicial emitida o venres último polo Tribunal Supremo ( que acordou o procesamento de trece políticos cataláns por delicto de rebelión), non xustificou de xeito ningún a existencia nin de violencia nin de intimidación nas condutas desenvolvidas polos distintos axentes polñiticos e sociais do procès. Neste senso, Llarena considera que ese requisito de violencia cúmprese coa actitude dos manifestantes do 1-O, cando Europa e o mundo todo puidemos ver que a única violencia dese día foi determinada violencia policial.
Na Alemaña tanto a xustiza estatal de Schleswig- Holstein como a xustiza federal son independentes e interpretarán a xeito os conceptos de violencia e intimidación. Nunhas semanas veremos si Llarena recebe a primeira censura á súa imaxinación á hora de crear delictos de rebelión inexistentes. Porque aínda hai xuices en Kiel. Aínda hai xuices en Berlin.


















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



