Foz 25-03-2018. Entre as propostas de Alcaldía estaban a adxudicación das obras da Avenida Álvaro Cunqueiro e acordar unha modificación de crédito para cambiar a cuberta do, recentemente remodelado, pavillón de deportes.
A incredulidade e a desconfianza dos veciños sobre a obra de Álvaro Cunqueiro é absoluta a día de hoxe – denuncian os socialistas.
A escasos días de comezar as obras non hai ningún estudio de como se vai dirixir o tráfico en Álvaro Cunqueiro e no centro de Foz. Os veciños e o Contratista descoñecen se a rúa vai a ter un ou dous sentidos de circulación, non sabe como serán os radios de xiro nos cruces nin como se disporán os sinais de circulación, en definitiva non sabe o que ten que construír.
Vanse empezar as obras sen saber o uso que se lles vai a dar. O mesmo caso que na Avenida da Mariña, unha rúa ¿peatonal? que non foi deseñada para iso e que, por tanto, non funciona.
A improvisación non serve, a improvisación malgasta recursos e as consecuencias sufrímolas tódolos veciños.
Inclúense no proxecto de execución, con importe de 200.000 euros sobre un orzamento de preto dun millón de euros, determinadas melloras tales como: aumentar o número de hidrantes, actuar sobre os aparcadoiros ou construír dúas rotondas, melloras que, a xuízo do PSOE, son substanciais e requirirían una nova exposición pública do proxecto ao non estar contempladas no proxecto inicial -considera o voceiro socialista Chema Linares, á vez que denuncia- que o alcalde subtraeu así á opinión dos veciños un proxecto que manexa ao seu antollo dende o primeiro momento. Sacando actuacións xa incluídas, como as que afectaban as vivendas 26, 28 e 32 da rúa ou incluíndo outras sen definir como estas melloras.
A empresa que resultou adxudicataria, non se fai cargo dos aparcadoiros, co que se iniciarán as obras eliminando prazas e sen alternativas. Desaparecen as prazas de aparcadoiro de Álvaro Cunqueiro, rúa do Pilar e non hai ningunha previsión de onde van aparcar os veciños
A construción de rotondas esixe espazo suficiente en planta e modificar as rasantes das rúas que conecta: os radios de xiro teñen que permitir que un vehículo pesado circule con comodidade e, sobre todo, con seguridade. Unha micro-rotonda non serve, os “parches” non funcionan nas infraestruturas. Non aparece no Proxecto definida ningunha rotonda, non se deseña en ningún plano, seguimos no campo da indefinición e da improvisación.
Sen definir como vai ser a ordenación do tráfico cando Álvaro Cunqueiro estea rematada, menos aínda se informa das situacións provisionais durante a execución das obras -os socialistas- preguntamos sen obter resposta por parte do alcalde: Por onde se vai dirixir o tráfico durante os cortes de Álvaro Cunqueiro? Cal é a alternativa de aparcamento para as prazas eliminadas na rúa e os garaxes afectados durante a execución das obras? Cal é o plan de protección para o Colexio do Pilar que previsiblemente se verá afectado? Que medidas se van adoptar para minimizar as afeccións aos comercios durante a execución das obras?
Unha actuación desta envergadura precisa de protocolos de actuación, dunha planificación adecuada e con tempo suficiente que evite o colapso e a paralización do centro de Foz.
Con respecto á outra proposta de alcaldía, aprobar un suplemento de crédito para actuar no recentemente reformado pavillón de deportes, esta vez si, sobre a cuberta do edificio, desde o PSOE temos que dicir, que estamos novamente ante unha enorme chapuza.
Era de dominio público a existencia de goteiras antes da obra e que as sigue habendo tras a reforma, que os aireadores metían auga e humidade e había que actuar sobre eles. No proxecto executado prevíase actuar sobre a cuberta, pero todo quedou en nada.
Inaugurar o pavillón sabendo que habería que actuar sobre a cuberta, sabendo que hai goteiras, sería de risa se non fose polo chafalleiro que resulta.
Resulta cando menos curioso que a escasos catro meses da inauguración sexa necesario gastar 140.000 euros no que, en palabras do propio alcalde “era unha cuberta estanca que non facía falta cambiar”
O PSOE de Foz sempre estivo de acordo coa necesidade de reformar o pavillón e así constaba no programa electoral, incluso recollendo a posibilidade de executar un de nova construción, un pavillón que garantise unhas mínimas normas de accesibilidade e que atendese ás expectativas das necesidades de deportistas e clubs que o utilizan. O sensato, segundo sempre defendeu o PSOE, sería acudir a outras administracións para unha obra destas características, e non levala a cabo unicamente con cargo ao orzamento municipal e, desde logo, tampouco a cargo de remanentes: desta maneira afectouse á estabilidade orzamentaria e á regra de gasto, como así demostra o informe desfavorable de intervención.
Unha adxudicación do pavillón, con baixa temeraria, na que a pesar de todo se vai gastar a totalidade do orzamento presupostado, como xa advertira o PSOE despois do resultado da Mesa de Contratación. Unhas obras nas que se comezou polo pavimento e se remata pola cuberta, contra toda lóxica. Un auténtico despropósito – rematan os socialistas.



















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



