A finais do ano 1948 chegaba a Mondoñedo un xove veterinario, atraído pola soa das feiras das San Lucas, disposto e iniciar a súa vida profesional. Os altibaixos das estradas que preludian o val; as variadas tonalidades do verde da paisaxe; a choiva pertinaz e a humidade; a bruma coa que o mar próximo envolve a cidade, en contraste coa Castela chá, seca e luminosa da que procede, producen tal desacougo nel que lle fai pensar en voltar para a casa.
O casual encontro cun vello coñecido e o consello deste en perseverar no lugar fan que Anxel García Sanz – tal é o nome –desista da idea: así o fai e non tarda en caer nas redes feiticeiras da vella cidade na que se integra de cheo, e de contado pasa a ser un popular e activo membro da súa veciñanza. O exercicio da profesión lévao a percorrer a cotío o rural, tripando cada día as corredoiras da bisbarra. A pesares da dura orografía, Ánxel atopa a cada intre novos alicerces no coñecemento da paisaxe e a paisanaxe, a retranca, e a hospitalidade que con tanta galanura relata no libro “Aventuras de un veterinario”.
O amor á natureza e á profesión, fan que profundice na investigación sanitaria do gando, achegando notorios avances. Os traballos e pesquisas permiten que descubra a solución cirúrxica para o prolapso de vaxina ( o popular “botar as madres” nas vacas) incidente que ata entón non tiña unha solución definitiva.
Estudada polo miúdo a operación, o facultativo pecisa levala á práctica, labor non doada , pois ata daquela os intentos, por métodos coñecidos, deran resultados pouco alentadores; e foron dous gandeiros de Foz, os que se prestaron á experiencia: Angelito de Nicasio.de San Martiño e Redondo de Vilaxoane que puxeron dúas das súas vacas, chamadas Pinta e Fabiola, en mans do sanitario que realizou a operación,confirmando o acerto da mesma.
Anxel publcou un libro, con prólogo de Alvaro Cunqueiro, espallando entre os colegas de todo o país a novidade crirúrrxica; divulgación , á que foi parello o nome do noso pobo, pois na portada do mesmo, figura este enunciado: “Solución quirúrgica al prolapso de vagina en bóvidos. Operación Foz”
Anxel é autor de outras obras, entre as que se atopa Curanderismo, en dous tomos. No segundo dos mesmos ofrece a relación dos curandeiros que exerceron nos concellos da Mariña. Polo que atinxe ó concello de Foz, foron: Estebo de Xinzo, Castiñeira de San Martiño,,Acea de Santa Cilla, O Fidalgo de Fazouro e o seu fillo Cándido, tamén chamado “Pillarratos”. De todos e cada un deles fai unha semblanza, humana e profesional.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



