Lugo, 11 de abril de 2018. O Goberno da Deputación, en colaboración co Seprona, organiza un ciclo de charlas informativas sobre a tenza responsable de animais en 12 Concellos da provincia. Faino co obxectivo de informar a todos os interesados, que poden participar de xeito totalmente gratuíto, sobre as obrigas e responsabilidades que supón a tenza de animais domésticos, especialmente tras a entrada en vigor da Lei 4/2017 de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia. Os primeiros coloquios tiveron lugar en Quiroga, Monforte de Lemos, Chantada, Palas de Rei, Baralla e Sarria.
As vindeiras charlas celebraranse o día 25 de abril ás 16:30 horas en Mondoñedo, e ás 19:30 horas en Vilalba; o día 24 de maio ás 16:30 horas en Viveiro, e ás 19:30 horas en Ribadeo; e o día 25 de maio, ás 16:30 horas na Fonsagrada, e ás 19:30 horas en Meira. Nestes coloquios participan axentes do Seprona, unha educadora canina e unha avogada animalista.
Durante a Semana Santa xa se realizaron seis charlas na provincia de Lugo, o día 26 de marzo nos Concellos de Quiroga e Monforte de Lemos; o día 27 no Concello de Chantada e Palas de Rei, e o día 28 no Concello de Baralla e no de Sarria. Preto dun centenar de veciños da provincia de Lugo achegáronse xa a estes encontros.
Estas charlas adoitan durar ao redor de dúas horas; logo de realizar a súa exposición os diferentes relatores ábrese unha quedan de palabra para os veciños, xerándose un enriquecedor debate no que cada asistente expón as súas experiencias con animais domésticos. Un dos grandes obxectivos que persegue esta campaña é sensibilizar á poboación respecto da situación dos cans abandonados, así como concienciar de que os cans non poden deambular libremente e deben estar perfectamente identificados.
Os encontros serven tamén para achegarlles aos asistentes as novidades que introduciu a nova Lei de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia, na que se recollen situacións que poderían ser constitutivas de infracción administrativa ou, en función do caso, incluso ser consideradas delito, xa que os animais están igualmente protexidos polo Código Penal.
Lexislación sobre protección animal
A lexislación vixente establece certas obrigas de carácter básico para as persoas que decidan ter un animal doméstico. Entre elas, destacan a obrigatoriedade de proporcionarlle os coidados veterinarios precisos, así como mantelo nunhas condicións hixénico-sanitarias boas; procurar un aloxamento apropiado, acorde ás características do animal; ofrecer unha alimentación adecuada; implatación do microchip identificativo e inscribilo no Rexistro Municipal correspondente. Ademais, a lexislación tamén recolle a obrigatoriedade de proporcionarlle o exercicio e os estímulos precisos para levar unha vida saudable, cubrindo todas as súas necesidades, tanto físicas, como mentais ou emocionais.





















No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



