Burela, 18 de abril de 2018.- O Grupo Municipal Popular (GMP) burelés manifesta que “escudarse nos funcionarios municipais para xustificar a entrega de documentación, como o fai a Sra. Otero, é unha inmoralidade e unha indecencia”, sobre todo, indican, “tendo en conta a teórica formación académica desta señora”.
Estas manifestacións dos populares veñen dadas polas xustificacións dadas pola concelleira de Servicios Sociais, a raíz da demanda por escrito feita polo Grupo Municipal do PP da súa nómina do pasado mes de marzo logo de que a edil afirmara que secundaría a folga do 8 do mes pasado. “A petición do PP foi formulada hai xa vinte días”, precisan,
Para os populares, “a Sra. Otero debería gardar máis as formas, as comunicacións verbais, en asuntos de nóminas e menos para que a alguén lle detraigan contías na propia, non son as máis correctas. Moito mellor facelo por escrito”; o que demostra, afirman, “a actitude chulesca e prepotente coa que actúa a edil”.
Por outra banda, amósanse sorprendidos polas manifestacións da concelleira, indicando que “parece mentira que descoñeza a Lei de Protección de Datos, sobre todo, porque pola súa formación debería telo resolto en menos de cinco minutos e, polo tanto, indicarlle ao departamento de Persoal cómo facelo. Pero si a Sra. Otero non sabe cómo darnos copia da súa nómina respectando a Lei, dicímoslle nós cómo facelo: chéganos conque na mesma veña a entidade pagadora, o nome da Sra. Otero, o mes e o ano, os conceptos polos que cobra e as contías que lle corresponden a cada un, e os conceptos e contías que se lle detraen. Así de simple”, manifestan, ao tempo que suxiren que o que lle interesa á sociaista é “alargar este asunto, pero canto antes nos traslade a documentación, moito mellor porque hai vinte días que solicitamos a documentación, tempo máis que suficiente para que a Sra. Otero se lese a Lei de Protección de Datos”, subraian.
Memoria Plan Igualdade 2015-2017
Noutra orde de asuntos, dende o PP aseguran que “ou a Sra. Otero pensa que somos parvos, ou a Sra. Otero non ten nin idea de cómo se fai un Plan de Igualdade. Virnos dicindo que está moi apurada co novo plan e que cando remate verá o asunto da memoria significa que está empezando a casa polo tellado, porque o proceso é á inversa”.
En todo caso, os populares reafírmanse “en que queda claro que a vagancia preside o seu código deontolóxico de traballo, dado que mes e medio despois de terlle solicitado o documento só é capaz de contestarnos con mentiras sobre este asunto; o que demostra que nada fixo sobre a vivenda de acollida ou o punto de encontro. Triste balance da concelleira delegada de Servicios Sociales, que non soporta a proba do algodón coas súas antecesoras”, conclúen.
















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



