Os poderes públicos da Comunidade Autónoma asumen, como un dos principios rectores da súa política social e económica, o dereito dos galegos a viviren e traballaren na propia terra. Isto é o que di o artigo 4.3 do Estatuto de Autonomía de Galicia. Pregúntome eu logo, por que Feijoo non cumpre a lei? Quen non ten un amigo ou familiar fora de Galicia porque na propia terra non tiña posibilidades de emprego? a min non me chegan os dedos das mans para numeralos.
Unha vez máis o gran xestor que se considera Feijoo, suspende. Dende o goberno da Xunta adícanse a xestionar miseria para de cando en vez variar os datos macro do desemprego, moi de cando en vez. Volve o PP a deturpar o seu seguimento estético da Constitución e do EAG. Estético porque so os cumpren cando lles convén e so a defenden cando lles convén politicamente, no eido dos dereitos, suspenden.
Compre reflexionar se asumir os principios reitores da política social e económica é descapitalizar Galicia. Co PP ós mandos pérdemos as Caixas, o Banco Pastor, Pescanova, FENOSA, conserveiras … onde está a esencia de País e o traballo por Galicia en estas decisións? Os que chamamos motores da economía son hoxe de capital foráneo, francés, americano, venezolano, chinés … esta é a maneira que ten Feijoo de sentirse galego? coido está mellor en Madrid, máis a gusto.
Precisamos accións políticas que apoien aquelas empresas que se senten e actúan en chave galeguista que queren estar en Galicia porque defenden o dereito dos galegos a viviren e traballaren na propia terra. Sei moi ben que son moitos os empregadores e empresarios que defenden esta forma de facer País, pero tamén sei que non están contentos coa política de beneficiar amigos que ten o Presidente dos galegos e galegas, amigos que non son precisamente da nosa Terra. Ameazas como a do Brexit en relación coa pesca non están a ser resoltas, os amigos de Feijoo están poñendo en problemas un dos nosos sectores chaves, con actuacións torpes en Vigo e Coruña e non escoitando o clamor do sector que si perciben en Francia e Irlanda, ofertando mellora á nosa flota. Este é un exemplo da acción de Feijoo en cumprimento do artigo 4.3 do noso Estatuto. Administrar Galicia non é xestionar, e xestionar non é permitir vender o noso.
Cando guste o Señor Feijoo pode en Speakers’ Corner de Londres facer un discurso de como asumen, como un dos principios reitores da súa política social e económica, o dereito dos galegos a viviren e traballaren na propia terra, teño moitos amigos alí que llo van agradecer.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de Compromiso por Galicia

















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



