Muras, 27 de abril de 2018.- A Xunta de Galicia achegou 383.300 euros ao concello de Muras para a execución de diversas obras de infraestrutura e para reforzar os servizos municipais a través do Fondo de Compensación Ambiental que xestiona a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou hoxe o municipio, que é o que percibe a contía máis alta de Galicia na liña non competitiva do fondo, en base ao número de aeroxeradores e á lonxitude das liñas de enerxía eólica que acolle no seu territorio. De feito, Muras é o concello de Galicia con maior número de aeroxeradores, con 381, e con máis de 30 quilómetros de lonxitude de liñas.
Novo punto limpo en Irixoa
Balseiro visitou o punto limpo, que foi habilitado con estas axudas nunha parcela municipal na parroquia de Irixoa. Aproveitouse unha nave existente e construíuse outro espazo con módulos prefabricados, ademais de reforzar o valado do recinto e executar os accesos para entrada e saída de vehículos, unha zona de recepción e control, outra para descarga de residuos a nivel superior e finalmente un espazo para carga a nivel inferior.
Mellora xeral da iluminación pública
O Fondo de Compensación tamén financiou un proxecto de mellora de eficiencia enerxética que supuxo a reforma e ampliación da iluminación pública en núcleos rurais do municipio, utilizando luminarias tipo LED. En concreto actuouse en case un centenar de puntos en seis parroquias do municipio: Balsa, San Pedro de Muras, O Viveiró, O Burgo, Irixoa e Silán e máis de 50 núcleos
Rede de abastecemento de auga
Igualmente, melloráronse os sistemas de desinfección na rede de abastecemento , construíndo o sistema para dotar de cloración ás augas de consumo humano da localidade. O sistema de desinfección conectouse á tubaxe de entrada de auga nos depósitos dentro das arquetas, para logo ubicar os elementos de desinfección e paneis solares de subministro eléctrico xunto aos depósitos xerais da auga.
Adquisición dunha desbrozadora
O concello tamén adquiriu unha desbrozadora lateral para complementar o equipamento destinado á limpeza de vías e espazos naturais. Por outra banda, parte das achegas foron destinadas a contribuír cos gastos de persoal de varios servizos municipais.
Balseiro subliñou que o Fondo de Compensación Ambiental é unha vía de colaboración do Goberno galego cos concellos que impulsa o reequilibrio territorial, ao favorecer especialmente aos concellos rurais, que son os que teñen maior número de instalacións eólicas no seu territorio.





















Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



