Lugo, 27 de abril de 2018. A Deputada de Economía e Facenda, Mayra García Bermudez, presentou este venres, xunto con outras autoridades, no Salón de Plenos do Concello de Burela, a XXV Edición das Xornadas Expomar, que se celebrarán os días 3 e 4 de maio na Confraría de Pescadores “San Juan Bautista” da localidade, e que promociona o Executivo Provincial cunha achega de 5.000 euros. Esta cita xa se converteu nun referente nacional e internacional na promoción e o desenvolvemento do sector náutico-pesqueiro.
“Esta xornada é fundamental para o sector, xa que por un lado cumpre coa súa permanente defensa e promoción do sector pesqueiro, e, por outro, converte á Mariña Lucense, concretamente a Burela, na capital da pesca a nivel nacional e internacional. Ademais, este ano EXPOMAR cumpre 25 anos, por iso a organización ten previsto unha conmemoración especial cunha cea de confraternización”, sinalou a Deputada.
Os temas que se analizarán nestas xornadas son a política pesqueira, a obrigación de desembarque, o brexit ou a substitución xeneracional. Ademais haberá charlas centradas na comercialización e consumo abertas a todo o publico en xeral, nas que participaran expertos en materias como nutrición, comercio ou seguridade alimentaria.
Garcia Bermúdez lembrou na súa intervención “que a semana pasada, precisamente aquí en Burela, o Goberno da Deputación asinou un convenio por valor de 40.000 euros coa Asociación de Traballadores Autónomos do Transporte, o Mar e as Comunicacións de Galicia (UNIATRMAC) para ofrecer formación gratuíta a 15 redeiras para que poidan obter o certificado de profesionalidade”
A Deputada explicou que “dende o Goberno da Deputación somos conscientes da importancia do sector pesqueiro para a Mariña , xa que na Comarca o sector da pesca xera entre 5.000 e 6.000 postos de traballo, tanto directos como indirectos, unhas cifras que falan por si mesmas. Por iso non podemos nin debemos deixar pasar esta oportunidade para xerar riqueza, crear emprego e impulsar a nosa economía”.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



