Lugo, 7 de maio de 2018. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este luns no Pazo de San Marcos o Correlingua 2018, que este ano arrancará baixo o lema “A lingua non para”, un evento de promoción do uso do galego dirixido ao alumnado de ESO e Bacharelato menor de 20 anos, que se celebra nos centros educativos de toda Galicia. En total, mobilizará no mes de maio a preto de 3.000 estudantes da provincia de Lugo, dun total de 56 centros educativos, no que se inclúen tamén 2 de Ourense.
Esta actividade conta cunha achega de 15.000 euros do Goberno provincial. No acto, García Porto, estivo acompañada pola Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez; a Concelleira de Cultura, Ensino, Xuventude e Igualdade de Monforte de Lemos, Marina Doutón Rajo, e o Coordinador do Correlingua na Comarca de Lugo, Manuel Muñiz Besteiro.
A Deputada remarcou que “con esta iniciativa seguimos traballando e sumando esforzos en prol da nosa lingua, como elemento imprescindible e reivindicativo da nosa cultura e da nosa historia”. García Porto avanzou “que a Praza de Santa María acollerá en Lugo esta carreira o día 9 de maio, e a Praza da Catedral de Mondoñedo será o escenario das actividades o día 10, e, por último, o día 14 de maio no Parque dos Condes de Monforte de Lemos celebrarase esta nova edición do Correlingua”.
A Concelleira de Cultura, Ensino, Xuventude e Igualdade de Monforte de Lemos, Marina Doutón Rajo felicitou ao Correlingua “por cumprir 18 anos” e explicou que en Monforte de Lemos “participan alumnos de toda a Comarca, e tamén de Concellos da provincia de Ourense”, tamén convidou a toda á mocidade a falar galego, e a participar neste evento cultural imprescindible.
Pola súa banda, a Concelleira de Cultura de Lugo, Carmen Basadre, dixo “que a nosa lingua forma parte da nosa identidade cultural, o que nos identifica como pobo e como pais”. Nese senso emprazou á Xunta de Galicia “a traballar a prol do noso idioma”, que cualificou como “o máis bonito do mundo, por iso, é a nosa obriga mantelo”, insistiu.
Premiados
O Coordinador do Correlingua na Comarca de Lugo, Manuel Muñiz Besteiro, lembrou “que a escola, en moitos casos, é a unica relación que manteñen os alumnos co noso idioma, por iso parafraseando o lema deste ano “A lingua non debe parar”, porque senón pode desaparecer”. Ademais, relatou as propostas gañadoras neste edición 2018 nas diferentes modalidades. En vídeo de primaria e infantil venceu o alumnado de 5ºA do CEIP Ramón Cabanillas (Santiago de Compostela), e no de secundaria e bacharelato o alumnado da ESO do CPR Seminario Menor A Inmaculada de Ourense. No Manifesto, gañou o alumnado de 3ºC do IES Antón Fraguas (Santiago de Compostela). E en Banda deseñada o alumnado de 5ºB do CEIP Albeiros de Lugo.
Actividades
A programación deste ano 2018 inclúe actividades nun total de 12 Concellos de Galicia cos de Lugo, son os seguintes; Bueu, A Estrada, A Coruña, Santiago de Compostela, Pontevedra, Tomiño, Ourense, Ferrol e Vigo. Os preto de 3.000 alumnos dos 56 centros educativos da provincia, nos que se inclúen tamén 2 de Ourense, participarán nas actividades que están programadas para este ano e que arrancarán co lema, “A lingua non para”. En cada xornada celebrarase unha carreira, lerase o manifesto realizado polos alumnos de 3º C do IES Antón Fraguas, gañador do Correlingua 2018, “Rapea, que a lingua non para”, e tamén haberá actuacións musicais a cargo da Orquesta Cé Pantasma, e entregaranse os premios do concurso de pancartas.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



