O ensaísta, dramaturgo, escritor e actor Manuel Lourenzo dará unha charla no Instituto de Secundaria (IES) de Foz este mércores, ás doce do mediodía. Será no salón de actos do centro e asistirán alumnos e alumnas de 4º curso da ESO e de 1º de Bacharelato. O director do IES de Foz, Nicolás Asensio, explicou que os rapaces está moi ilusionados coa visita de Manuel Lourenzo porque “está moi de actualidade nestes momentos polo seu papel de Terito na serie Fariña, que está emitindo Antena 3”.























Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



