Ribadeo 9-5-18. Esta semana, a través das redes sociais puidemos constatar de novo a presencia de persoas facendo fotos no interior da illa Pancha. Referímonos a persoas que supostamente non son usuarias dos apartamentos. Non pretendemos persoalizar nen temos nada que comentar respecto das persoas concretas, o único que prantexamos e por qué uns si e outros (a gran maioría) non. Con anterioridade xa puidemos ver a unhas persoas celebrando unha festa familiar, como unha primeira comunión ou algo semellante e noutra ocasión foron uns nenos dun colexio. Volvemos repetir que nos parece estupendo que estas persoas poidan disfrutar dun entorno tan evocador como é o da Illa Pancha. Pero caese do seu peso que non son nen usuarias dos apartamentos, nen mariscadoras, nen funcionarias de Puertos. Polo tanto hoxe dirixímonos por escrito á Autoridade Portuaria para esixir que nos expliquen as extranas circunstancias que permiten o acceso a este espazo reservado para algúns casos particulares mentras que sigue vedado para veciños e visitantes.
Compre lembrar tamén, como dixemos repetidamente, que a illa Pancha ten unha dimensión de 4300 metros cadrados de zona “verde”, que chegan aos cáseque 10.000 contando as zonas de rochas. Destes 4300 metros cadrados a concesión dos apartamente so inclue 500, que son o edificio de antigo faro e mais algunas parcelas dacarón. A ponte e o camiño que sube ata o antigo faro non están incluidos na concesión, por paradoxo e inconcebible que resulte. Como tampouco están na concesión os terreos a carón do novo farito, onde se fixo o retrato que agora vemos na redes.
Non queremos calificar o trato que están recibindo os ribadenses con este uso privado e aleatorio da Illa Pancha, pero non podemos deixar de lado que se trata dunha discriminación evidente, particularmente rechamante pola reiteración e ostentación. Porque se fose unha vez poderíamos pensar nun despiste, ou algunha circunstancia excepcional que non faría caso, pero xa se ve que, sexa cal sexa o medio ou mecanismo de acceso, debe haber unha chave maestra que elixe éste si e a maioría non.
Por este motivo poñeremos o asunto no coñecemento da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, por ser a principal responsable da xestión do uso que se fai dos terreos da illa e mais do acceso restrinxido. Ao mesmo tempo esiximos ao Sr. Alcalde de Ribadeo que cumpla ca sua responsabilidade institucional e deixe de apoiar o uso privado da illa fronte a discriminación sistemática da gran maioría da veciñanza e dos visitantes. Neste punto non podemos esquecer que o Sr. Alcalde esixia, non hai moitos meses, o acceso libre dos veciños para conceder a licenza de actividade, pero non faremos mais comentarios, pola boca se perde o peixe.
Finalmente esixiremos a Puertos que nos mostren o expediente administrativo que xustifique o peche da Illa Pancha. Este expediente contradí a previsión de lei de Costas que obliga a deixar unha franxa de seis metros de “servidumbre de tránsito” para o acceso libre das persoas. Se por algunha circunstancia esta “servidumbre de tránsito” estivese suprimida ou restrinxida debe existir un expediente administrativo que o xustifique.
Evaristo Lombardero, colectivo “POR NUESTRO FARO”





















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



