Ribadeo, 18 de maio de 2018. A Banda Municipal de Música de Ribadeo ofrecerá o seu tradicional concerto das Letras Galegas este sábado, 19 de maio ás 20:30 horas no Cine Teatro.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou que “debido a que é o concerto das Letras Galegas imos enfocalo, como non podía ser doutra maneira, con música galega, de temática ou de compositores galegos como Xoán Montes, Juan Lois Diéguez, David Fiuza ou Reveriano Soutullo, interpretando diferentes tipos de música desde pasodobres a muiñeiras e habaneras. Creo que vai ser un repertorio ameno e quero destacar que de todas as obras que imos tocar só hai unha delas que a Banda xa interpretou, o resto vai ser todo obras que tocamos por primeira vez. Creo que é importante resaltar isto porque tamén no último concerto de Semana Santa da Banda Municipal de Música de Ribadeo interpretamos nove pezas das cales oito era a primeira vez que se tocaban, e neste concerto vai ser un pouco do mesmo”.
Ballester salienta ademais: “temos a sorte de que a Banda vai crecendo pouco a pouco e neste concerto van facer unha pequena intervención catro novos compoñentes. Debido a que levan pouco tempo con nosoutros ensaiando, pero están con moitas ganas, propuxémoslles que se iniciasen neste concerto tocando nun par de obras; e aí van estar. Son Andrea, que toca a trompa; Ángel, a trompeta; e dous clarinetes, Patricia e Uxía. Isto quere dicir que a familia da Banda Municipal de Música de Ribadeo segue crecendo e esperamos que continúe así durante todo este ano”.























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



