Ribadeo, 18 de maio de 2018. Nas comisións informativas previstas para o vindeiro luns, 21 de maio, abordaranse cuestións como a ratificación do convenio bilateral entre a Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo para a xestión da nova residencia de maiores; a expropiación forzosa de 33 parcelas para continuar co sendeiro peonil despois de As Aceas e seguirá substituíndo os eucaliptos por frondosas; e a expropiación forzosa de terreos para a construción dun novo depósito de auga para subministro municipal en Chao de Ove, xa que o de Santa Cruz resulta pequeno.
O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que “estas comisións informativas que se celebran antes do pleno, que tamén será para a semana que ven, teñen asuntos ben interesantes para Ribadeo. Eu destacaría varios, entre eles a ratificación do convenio marco a asinar entre a Deputación de Lugo e o Concello para a xestión da nova residencia de persoas maiores de Ribadeo, desde o punto de vista de relación bilateral. Inicialmente fora multilateral, pero a Deputación acordouno finalmente así, facelo bilateral por unha cuestión técnica, e polo tanto o Concello de Ribadeo debe ratificarse e entendo que o fará por unanimidade, ou iso esperamos”.
O rexedor ribadense salientou que “outro dos asuntos tamén importantes é o inicio do expediente de expropiación para continuar con este proxecto de sendeiro peonil nas Aceas, que tan bo resultado leva dando nestes últimos anos, desde Os Bloques á Vilavella, que remata nos muíños de mareas das aceas, e que agora grazas a este plan Life no que Ribadeo está formando parte ao mesmo nivel que as Universidades de Oviedo e de Santiago, e outras administracións. No tocante a Ribadeo tiña unha actuación excepcional que era a expropiación dunha faixa de terreos a posteriori do que son os antigos muíños de mareas das Aceas para prolongar este sendeiro practicamente ata o encontro coa antiga vía do tren mineiro de Ribadeo a Vilaodriz. Imos iniciar o expediente de expropiación de 33 parcelas, segundo o proxecto cun importe duns 44.000 euros. A práctica totalidade deste diñeiro será financiado con fondos europeos a través do programa Life”.
Suárez Barcia seguiu a relatar que “un novo expediente de expropiación que queremos levar tamén a consideración das comisións informativas e do pleno, é para que Ribadeo vaia poñendo enriba da mesa todos os instrumentos para cando a Xunta queira e decida, que de xustiza debera ser xa desde hai anos, que Ribadeo poida ter os terreos para que se constrúa un novo depósito de auga. Tendo en conta que o que temos en Santa Cruz é realmente pequeno para a realidade do que é Ribadeo, que cando se redactou o plan xeral de ordenación municipal xa se programou unha parcela concreta cunha determinada altitude para que puidera ser lugar para o establecemento dun novo depósito de auga que viñera reforzar a capacidade de almacenamento que poida ter Ribadeo, sobre todo nos períodos de seca e na tempada estival”.
O alcalde ribadense lembrou que “no seu momento recibimos un proxecto da Xunta para un novo depósito, fixemos unhas alegacións, non volvemos saber nada dese proxecto desde hai anos, pero queremos estar preparados. Xa que o plan xeral o establece e temos os recursos económicos para iso, queremos iniciar a expropiación deses 7.181 metros, dunha parcela de 9.300 metros cadrados, para que o Concello poida ter en disposición para cando algún día, e agardemos que sexa xa e non esperen a dous meses antes das eleccións para vendernos a moto, a Xunta de Galicia nos requira os terreos necesarios, o Concello de Ribadeo poida ter os deberes feitos”.























A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.



