Cervo, 25 de Maio de 2018. O presidente do C.D. Lugo Tino Saqués reuníuse cos responsables políticos dos Concellos de Cervo, Viveiro, Ourol, Xove e o Vicedo para presentar o programa “A nosa terra. OS nosos nenos”.
O obxectivo principal deste programa é o de achegar o clube a todos os rincóns da provincia para así crear un sentimento de unión a través de diferentes actividades.
A campaña dará comezo o próximo 31 de Maio no Campo de A Veiga en San Ciprián entre as 11 e as 12:30 horas.
Este primeiro contacto vai consistir nun adestramento da primeira plantilla do C.D. Lugo, o cal terá entrada libre a calquera que se queira achegar. Ademáis, continuarase cunha visita por parte dos membros do primeiro plantel aos colexios do resto dos Concellos de Viveiro, O Vicedo e Ourol. A idea é que os escolares de Cervo, San Ciprián e Xove poidan asistir e presenciar en directo os adestramentos e ao remate os xogadores invitarán aos nenos a asistir ao partido fronte a UD Almería do 2 de Xuño.
O presidente do C.D. Lugo Tino Saqués, despois de visitar as instalacións do Complexo Deportivo de A Veiga en San Ciprián, xunto con persoal técnico do seu equipo, afirma que se trata dun lugar idóneo pola calidade das súas instalación deportivas.
Para o alcalde Alfonso Villares esta “é unha oportunidade fantástica para achegar aos nenos unha experiencia con xogadores de primeiro nivel que lles poidan dar consellos e lles ensinen os valores do deporte”.
Para Jose Ramón Soto, o edil de deportes, trátase dunha iniciativa que vai acorde coa filosofía do Concello de apostar polo deporte e os valores intrínsecos das súas experiencias e di que “é importante que os nenos teñan cerca referentes do mundo do deporte nos que poder fixarse”.






















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
