Burela 31-5-18. O Pescados Rubén Burela FS contará a próxima tempada con outra das Xoias Laranxas, o peche Hélder Gonçalves Semedo, que formalizou a súa renovación para 2018-19.
Así o canteirán, de 21 anos, únese á continuidade doutro dos seus compañeiros de base, Renato, e a Matamoros no novo proxecto mariñán, xunto á chegada do peche lugués Lucho, dende o Levante UD.
Esta será a cuarta campaña do 5 burelista defendendo a camisola laranxa sénior.
