Todos temos días malos, hainos que teñen semanas negras e algún como o señor alcalde de Foz chegan a ter anos e lexislaturas enteiras.
Cando se minte de forma reiterada, sen complexos, con prepotencia, sen ningún escrúpulo, non se pode consentir de ningunha maneira.
Cando se intenta chantaxear cunha residencia que leva máis de dous anos terminada e pechada, que pretendía abrir agora a dedo e con tarifas de máis de 900 euros ó mes, inasumibles, impórtanlle ben pouco os veciños de Foz.
Cando con descaro se afirma que non vai haber inversións, cando no presuposto do 17 había contemplados 100.000 euros para a canceira e nada fixo.
Cando incumple os presupostos de forma reiterada, non invirte as partidas e gasta sen control non sabemos en que obras, con máis de medio millón de euros en facturas fora de contabilidade.
Cando as súas xestións cheiran máis que a depuradora, que prometeu acometer este ano e para a que non reserva nin un só euro para terreos no presuposto.
Chegados a este punto só podo pedirlle respecto. Respecto a min, aos concelleiros e compañeiros do meu partido e ao resto da oposición.
Respecto aos que traballamos fora de Foz, en Sevilla, Mérida, Plasencia ou Huelva, o ámbito no que me movo a día de hoxe pola miña profesión.
Respecto aos que sacamos tempo de onde non o hai, para traballar polo noso pobo.
Respecto aos que non podemos ver tódolos días á nosa familia por motivos laborais.
Respecto aos que non teñen tanta sorte coma min, que están no paro ano tras ano pola reforma laboral.
Respecto. Xa que non podemos esixirlle xestión, porque non sabe, polo menos desculpas públicas. E respecto.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



