SANTIAGO .- O Consello da Xunta aprobou un gasto inicial de 100.000 euros para actuacións inmediatas que solucionen os asolagamentos na mariña lucense. Tamén aprobou a expropiación de terreos para o laboreo mineiro co fin de garantir a seguridade nas explotacións de Ribadeo e Foz e a Consellería do Mar acordou modificar o plan galego de acuicultura
Nota de Prensa
Referencia Consello da Xunta
Temporal
O CONSELLO DA XUNTA APROBA UN GASTO INICIAL DE 100.000 EUROS PARA ACTUACIÓNS INMEDIATAS QUE SOLUCIONEN OS ASOLAGAMENTOS NA MARIÑA LUCENSE
?? As accións en materia de infraestruturas hidráulicas, declaradas de emerxencia, céntranse na apertura de leitos e na reposición de estruturas
?? Dende Augas de Galicia levarase a cabo unha análise das causas das inundacións a través dun estudo da capacidade hidráulica dos diferentes treitos, así como das estruturas fluviais existentes, e actuacións en marxes e estruturas
O Consello da Xunta na súa reunión desta mañá aprobou o expediente polo que se declaran de emerxencia as actuacións de inmediata execución para solventar a situación de perigo ocasionada polas inundacións provocadas polos desbordamentos e riadas a causa do temporal de choivas acontecido a pasada fin de semana na zona da Mariña.
Así, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, destina un orzamento inicial de 100.000 euros para actuacións de inmediata execución fonte aos asolagamentos acontecidos na Mariña lucense, durante esta fin de semana. Trátase de accións de emerxencia, que consisten na apertura de leitos, a través da limpeza do leito para evitar novas inundacións e na reposición de estruturas (pontes caídas, prolongación de muros de protección).
Así, dentro destas actuacións de carácter urxente, levaranse a cabo actuacións centradas na protección de leitos, polo que se farán labores de impeza do leito completo, corte de árbores que invaden o leito do río, ampliación do leito, e a revisión xeneralizada de muros de protección de marxes.
As inundacións afectaron a camiños, edificacións, pontes e outros servizos, ademais de provocar un cúmulo de sedimentos nos leitos formados por grandes pedras, árbores e lodo, co cal a capacidade hidráulica dos ríos se ve reducida.
As causas máis probables das inundacións débense a obstrucións debidas a estruturas, a pequena luz nas nelas puido provocar a acumulación de ramas e outra vexetación en pilas, estribos e varandas, reducindo considerablemente a capacidade hidráulica. Outro factor que puido influír foron os desbordamentos, por reducións puntuais do largo dos ríos en zonas urbanizadas, respectándose exclusivamente o leito de augas baixas, insuficiente para as riadas; e a erosión e sedimentación, xa que tamén incidiron de maneira importante nos desbordamentos nalgunhas zonas.
Estes fenómenos agrávanse, nalgúns casos, pola estreiteza do río, o que motiva altas velocidades e un aumento do calado dos cursos fluviais. O volume de grandes pedras
arrastradas é importante e as erosións das marxes e estruturas do leito son tamén de consideración.
Evitar estes episodios
O departamento de Augas de Galicia é consciente da necesidade de establecer mecanismo e sistemas que eviten este tipo de situacións extraordinarias. Polo tanto, a longo prazo é preciso centrarse na mellora dos leitos e marxes dos ríos (aspectos remarcados con anterioridade), para tratar de minimizar os problemas que se producen nesta zona ante fenómenos de chuvia como o da pasada fin de semana.
Nese senso, propóñense realizar unha análise das causas das inundacións dos ríos desbordados, un estudo da capacidade hidráulica dos diferentes treitos, así como das estruturas fluviais existentes, e actuacións en marxes e estruturas.
Augas de Galicia está desenvolvendo un sistema de predición de asolagamentos chamado Artemis que actualmente se encontra en fase de calibración. Este mecanismo toma os datos continuamente das predicións meteorolóxicas, para determinar o risco de desbordamento de determinados ríos. Neste caso, os ríos afectados incluídos no sistema son o Landro, o Covo e o Ouro e tanto para eles como para o resto de Galicia Costa trabállase en adecuar o modelo desenvolvido ás condicións reais dos ríos, o que permitirá unha mellor xestión de fenómenos como o sucedido na pasada fin de semana.
Suceso
O pasado sábado, 23 de febreiro, na comarca da Mariña lucense produciuse un fenómeno meteorolóxico en forma de chuvia torrencial que trouxo como consecuencia un desbordamento de varios ríos da comarca e asolagamentos en diferentes lugares e núcleos de poboación, en especial no concello de Cervo pero tamén noutras zonas de Xove, Viveiro ou Foz. Segundo os datos da web de Meteogalicia, na estación meteorolóxica automática de Penedo do Galo (Viveiro) recolléronse nese día 77,3 l/m2 de choiva, a máis elevada dende o ano 2005. Cómpre indicar que Augas de Galicia avaliou a situación con técnicos desprazados á zona e en coordinación coas autoridades locais
Minería
A XUNTA APROBA A EXPROPIACIÓN DE TERREOS PARA O LABOREO MINEIROS CO FIN DE GARANTIR A SEGURIDADE NAS EXPLOTACIÓNS DE RIBADEO E FOZ
O Consello da Xunta vén de aprobar a ocupación dos terreos incluídos nos expedientes de expropiación dos predios para os labores na concesión mineira de“San Román fracción segunda”, situada no termo municipal de Ribadeo (Lugo), e para proseguir coa explotación da mina “Primeira ampliación a Ramón”, en Foz (Lugo). Ambos os decretos foron aprobados por proposta da Dirección Xeral de Industria Enerxía e Minas, da Consellería de Economía e Industria, por considerar que a devandita expropiación está xustificada e é necesaria para garantir a seguridade da explotación.
A ocupación destes predios pola explotación da mina “Primeira ampliación a Ramón” foron considerados urxentes debido á necesidade de asegurar a estabilidade dos terreos desta concesión mineira. Do mesmo xeito, a ocupación dos terreos expropiados pola mina “San Roman fracción segunda” foi cualificada tamén de urxente coa finalidade de asegurar a minoración de riscos nos labores da explotación.
Ademais, a estas motivacións, cómpre engadir a importancia intrínseca dos labores das explotacións mineiras, así como do emprego que se xerarán coa posta en marcha destas ocupacións, e as consecuencias positivas no desenvolvemento económico de ambos os municipios.
Acuicultura
A CONSELLERÍA DO MAR MODIFICA O PLAN GALEGO DE ACUICULTURA PARA GARANTIR E FORTALECER O DESENVOLVEMENTO DOS INVESTIMENTOS
?? A Xunta aproba a modificación no sistema de acceso á propiedade que permitirá que as empresas poidan comprar os terreos directamente aos propietarios, como garantía do seu investimento
?? Con esta modificación, a consellería dá un paso máis para desbloquear a situación de parálise en que se atopaba a acuicultura
?? A negociación directa entre a empresa e os propietarios permitirá condicións máis vantaxosas para o particular, xa que o prezo mínimo de expropiación o ten asegurado
O Consello da Xunta aprobou hoxe a modificación puntual do Plan Galego de Acuicultura para proceder ao cambio no réxime de acceso á propiedade dos terreos sobre os cales se vaian implantar proxectos sectoriais e máis a titularidade dos terreos. A modificación persegue fundamentalmente que a expropiación quede como un método posible de adquisición de terreos, pero non como o único xeito de adquirilos. Así mesmo, o novo sistema permite que as empresas do sector acuícola poidan converterse en propietarias dos terreos como garantía do seu investimento.
Con este cambio xurídico, a Consellería do Mar da un paso máis para desbloquear a situación de parálise en que se atopaba a acuicultura e aposta por fórmulas xurídicoadministrativas que dean firmeza e seguridade aos investimentos e certifiquen a propia viabilidade das actuacións. Deste xeito, a empresa que queira investir poderá facelo con seguridade xa que se primará a adquisición a través da compravenda pasando a ser propietaria dun terreo en que poderá investir con miras de futuro e total seguridade no canto de ser concesionaria administrativa por un tempo determinado, o que poría en risco os investimentos de futuro.
As empresas cuxos proxectos sexan aprobados poderán negociar directamente cos propietarios dos terreos permitindo, deste xeito, condicións máis vantaxosas para o particular que partirá da garantía de obter, como mínimo, o prezo fixado para a expropiación, posto que o prezo que se fixe no procedemento de expropiación está garantido no caso de falta de acordo no prezo.
Ata esta modificación aprobada hoxe, os propietarios dos terreos víanse obrigados a unha expropiación forzosa por parte da Administración sen ter posibilidade ningunha de negociar polos seus terreos. A súa titularidade pasaba directamente á Xunta que cedería en réxime de concesión administrativa á empresa a posibilidade do seu uso para o desenvolvemento da actividade acuícola por un máximo de 30 anos.
A actual Consellería do Mar considera que o desenvolvemento das actividades empresariais dedicadas á produción de bens para o mercado non se debe facer baixo o réxime de concesión para uso de bens patrimoniais da Administración, xa que non se tratan de bens de dominio público. O feito de ser actividades en que concorren utilidade pública e o interese social, fai que o criterio da consellería sexa velar polos investimentos de futuro e garantir a seguridade que reverterá no beneficio do desenvolvemento económico e social. Ademais, aplicar o método previsto no Plan Galego de Acuicultura de 2008 implicaría obrigar a Administración a realizar importantes desembolsos para a adquisición duns terreos nos cales a consellería entende que debe ser a propia empresa beneficiaria a que realice o desembolso para levar a cabo a actividade.






















A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



