Burela, 18 de xuño de 2018.- O Grupo Municipal Popular burelés vén de presentar a través da sede electrónica do Concello un escrito solicitando documentación relativa aos planos normativos municipais de 2017 e de 2018 porque, dado que son practicamente idénticos, a proposta de nova normativa municipal ou modificación da existente xa debería estar aprobada, ou alomenos en fase de exposición pública. A realidade é que, segundo destacan os populares, nin tan siquera está en fase de exposición pública, polo que consideran que o rexedor “debería cando menos pedir desculpas e asumir as súas responsabilidades, dado que incumpre o que el mesmo anuncia e aproba”.
Dende o PP indican que, incluída nesa nova normativa, está a ordenanza de venda ambulantes, ou sexa, o regulamento do mercado, que o dirixente socialista xa anunciou hai ano e medio e do que a día de hoxe nada se sabe; o regulamento orgánico municipal do Concello; ou a ordenanza reguladora da inspección técnica de edificios. Outra normativa pendente de redactar e que xa debería estar aplicándose, a tenor do anunciado polo alcalde, é o regulamento de asignación do complemento de produtividade do empregados municipais.
“En definitiva, indican, os populares, non está nada feito. O alcalde está convertido nun home-anuncio, pero con moi pouca querencia polo traballo e inmensa polas fotos e polo postureo”.
Para os edís populares, “o máis preocupante é que nunca asume responsabilidades: non se pode desviar a culpa a determinado persoal municipal, como fixo hai uns días; hai que lembrarlle que a Deputación ten asesores xurídicos dabondo para colaborar cos Concellos. E por riba minte, porque a ordenanza das terrazas está sen facer, cando el dixo que estaba feita; de estar feita, estaría no portal de transparencia, pero hai non atopamos nada ao respecto. O alcalde, en definitiva, debería ser máis coidadoso coas súas declaracións, e en todo caso anunciar menos e traballar máis”, conclúen.





















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



