Santiago, 18 de xuño de 2018.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio solicitará de xeito inmediato ao Goberno central unha reunión para definir as instrucións referentes ao peche das furnas, arcos e corredores das Catedrais por parte do departamento de Costas. Así llo trasladou a directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Día, ao alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, e ao xefe do servizo provincial de Costas do Estado, José Miguel Esteban Dols, cos que mantivo unha reunión, para informarlles dos pasos a seguir desde a Administración galega.
Ana María Díaz defendeu que é necesario abordar esta cuestión coa totalidade das administracións presentes neste espazo, co fin de establecer as medidas provisionais oportunas, que garantan a seguridade dos visitantes. Agradeceu o ofrecemento do alcalde de Ribadeo a participar neste futuro encontro, para analizar as competencias e responsabilidades de cada organismo, en aras de coordinar as medidas e as ferramenta que compatibilicen as visitas e a conservación.
A directora xeral de Patrimonio Natural explicou ao alcalde de Ribadeo que o Goberno galego conta cun informe xurídico no que se sinalar que as Catedrais están localizadas en Dominio Público Marítimo Terrestre, polo que é o Estado, a través da Dirección Xeral de Costas, a administración competente; polo tanto a que pode determinar o peche ao público das covas, as furnas, os arcos e os corredores en túnel de As Catedrais.
Así se desprende do Informe Xurídico da Xunta que recolle que “correspóndello á Administracións Xeral do Estado a competencia para adoptar as medidas de policía preventiva para garantir a seguridade dos usuarios no Dominio Público Marítimo Terrestre do Monumento Natural da Praia das Catedrais e subsidiariamente ao Concello de Ribadeo”.
Recordou que a Lei de Costas atribúelle á Administración estatal a protección do dominio público marítimo-terrestre a fin de asegurar tanto o mantemento da súa integridade como a seguridade das persoas (o seu uso público e os seus valores paisaxísticos), polo que tamén lle compete a adopción de calquera medida por motivos de seguridade das persoas nun espazo con esta cualificación.
Non obstante, a directora xeral de Patrimonio Natural tamén brindou a colaboración da Xunta de Galicia naquelas medidas e decisións que se plantexen, para evitar incidentes á vista de ao longo dunha parte importante da praia existe un risco, aínda non cuantificado, de caídas e desprendementos de bloques ou pedras de distintos tamaños, o que suporía un grave risco para a seguridade das persoas que estean nas proximidades. Este perigo de caída de material é maior en xeral baixo as furnas, as covas, os corredores e os arcos litorais, zonas que coinciden tamén coas de maior afluencia de visitantes; tal e como se recolle no estudo xeolóxico-xeotécnico encargado á Fundación da Enxeñaría Civil de Galicia, pola Xunta de Galicia.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



