BARREIROS (FNC) .- O alcalde de Barreiros critica os continuos anuncios realizados por Lara Méndez sobre a inauguración do parque comarcal de bombeiros. Alfonso Fuente di que a vicepresidenta da Deputación se adica a gobernar desde Lugo, pero considera que non está na realidade dos veciños.
O rexedor amósase sorprendido tras as últimas declaracións realizadas por Lara Méndez sobre o parque de bombeiros. Fuente Parga manifesta que “hai unha expresión moi galega que di canto fai o non saber. Esta señora está culpando ao alcalde da situación dese parque e o parque de bombeiros de Barreiros construíuse antes de que Alfonso Fuente fora alcalde e esta señora xa leva anos anunciándonos que o vai aperturar. E todos os veciños da Mariña e os de Barreiros saben que esas instalacións seguen pechadas despois dos reiterados anuncios desta señora que incluso chegou a poñer datas, logo chegou a darlle largas ao conselleiro Alfonso Rueda para ter un encontro e a día de hoxe ainda non foi quen de convocar o pleno do Consorcio do parque de bombeiros. Sí que vimos un presuposto no que xa tiña partida para contratar persoal para ese parque no mes de outubro e estamos rematando xaneiro de 2010 e ainda non se aplicaron esas partidas do Consorcio nin sabemos si haberá presuposto para este ano, nin se convoca o pleno nin se fai nada”.
O alcalde barreirense sinala que “desde a Deputación Provincial o que se fan son moitas fotos, ocupar medias páxinas de periódicos, botarlle a culpa aos alcaldes en lugar de colaborar con eles, cando hai que poñer partidas económicas para os Concellos eso non lles gusta… e eu quero recordarlle tamén á vicepresidenta da Deputación que se dea un paseo polas estradas que son da súa competencia na Mariña e concretamente polas de Barreiros, igual que fixo cando veu facerse unha foto ao iniciar a temporada de verán a San Miguel de Reinante. Sería bó que hoxe baixase por ese vial e que vexa en qué situación está”.
Alfonso Fuente considera que “estes señores adícanse a gobernar desde Lugo, desde a capital e a sacar notas de prensa e fotos e non están na realidade dos veciños. Na realidade dos veciños estamos os alcaldes sexan do partido que sexan, eu deféndoos a todos, o que pasa é que desde a Deputación de Lugo se fai moita selección e se fan declaracións contra os alcaldes que non lles gustan.
Urbanismo
O rexedor convida a Lara Méndez “a que lle mande ao seu xefe o señor Gómez Besteiro que non retrase máis a sinatura do convenio para desbloquear o urbanismo, porque eses tres días que dice costáronlles a moitos empresarios 6.000 euros. Cada vez que se retrasa é malo para os empresarios, pero tamén para o traballo que perden moitos empregados…
Contratación de persoal
A Fuente Parga resúltalle curioso que “o deputado provincial e concelleiro aquí en Barreiros do BNG saia decindo que o noso Concello é unha axencia de contratación, senón fose o Concello quen contratara á xente, coa política que están levando adiante o bipartito na Deputación e o goberno de Zapatero, o que habería sería máis bolsa de parados. O que estamos a facer algúns alcaldes responsables é tentar poñer a canta máis xente poidamos a traballar para que teñan un traballo digno e un salario a fin de mes. Si no Concello hoxe, e como o alcalde o digo, puidera ter o dobre de persoal e toda esa xente que está a quedar no paro pola neglixencia e a irresponsabilidade dos que nos gobernan na Deputación e en Madrid, outra cousa sería porque poderíamos ter moita máis xente traballando e non tanta no paro como están a mandar estes señores todos os días”.
O alcalde pídelle á Deputación que “se dedique a gobernar, que apoie aos Concellos, pero non recortando os fondos tal e como acaban de facer agora e esta vicepresidenta non sae a dicir nada. Sería un bó anuncio que dixese que o que nos recorta o Estado é asumido pola Deputación Provincial de Lugo, pero eso non se lembran de decilo e miran para outro lado”.