A Mariña 19-6-18. O obxecto da concentración é rexeitar o asasinato machista de María Magdalena Moreira Alonso, de 47 anos, asasinada no día de onte a tiros polo seu marido no Porriño, o mesmo día que tiñan pensado asinar o divorcio. Convocamos a toda a sociedade para que visibilice o rexeitamento aos valores patriarcais que perpetúan e consolidan na sociedade esta violencia sexista.
Non podemos asumir a cotiandade dos asasinatos machistas cando, nos últimos cinco anos, medio cento de galegas foron asasinadas pola violencia machista e máis de setecentas no Estado. Falamos dun feminicidio invisibilizado do que estamos fartas.
Lembramos que a violencia machista é a manifestación máis terrorífca das desigualdades de xénero e que non respecta fronteiras nin culturas. Unha realidade estrutural que afecta, segundo ONU Mulleres, a un 35% das mulleres do planeta. A pesar de levar anos lexislando a favor da igualdade de xénero desde todos os niveis de goberno, consideramos que os esforzos non son sufcientes. A loita contra as violencias machistas debe ser unha prioridade institucional e política, non só nos organismos e departamentos de igualdade senón en todos os ámbitos que afectan á vida das persoas. Actuar sobre as violencias machistas supón recoñecer graves fendas de xénero no ámbito social, económico, cultural etc. e supón atallar as causas estruturais e sociais que substentan estas desigualdades a través do desenvolvemento de políticas de igualdade e do respecto minucioso aos dereitos humanos
das mulleres.
Queremos amosar o noso rexeitamento para que toda a sociedade entenda que é a nosa
vida a que está en perigo, que non lle pertencemos a ninguén e que calquera de nós pode ser a seguinte. Por iso vos convocamos a unha concentración que terá lugar o mércores, 20 de xuño, ás 20 horas na Praza Conde de Fontao, en Foz.
























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



