Burela, 21 se xuño de 2018. A III edición da Carreira Nocturna Burela Bonita terá lugar o día 21 de xullo. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, agarda que se superen os 240 inscritos do ano pasado. O evento foi presentado este mediodía no Concello burelés.
O edil de Deportes anunciou que “presentamos a terceira edición da Carreira Nocturna Burela Bonita que imos celebrar o día 21 de xullo, a partir das dez e media, vai ser a carreira de 5 e 10 quilómetros”.
Ramiro Fernández subliñou que “este ano imos facer a carreira dos nenos, que o ano pasado fixémola pola mañá, con anterioridade á carreira principal. Nesta edición imos dar trofeos en todas as categorías como novidade, e esperamos que a participación do ano pasado, que foi de 240 persoas, mellore nesta edición e que haxa máis xente que participe na carreira”.
O concelleiro burelés lembrou que “foi unha iniciativa que botamos a andar cando entramos no goberno municipal e estamos moi satisfeitos con ela. É un deporte que agora mesmo está moi de moda, e o ano pasado os atletas felicitáronos polo cambio que fixéramos con respecto á primeira edición, e por iso decidimos repetir o mesmo recorrido”.
Fernández Rey anima “a todo o mundo a participar, poden facer as inscricións a través de championchipnorte. Tamén queremos agradecer a todos patrocinadores que nos axudan nesta carreira porque sen eles non sería posible, e a inestimable axuda que nos dá a Deputación de Lugo, que nos financia unha parte moi importante da proba”.
A inscrición pode facerse en www.championchipnorte.com. A recollida de dorsais será, na Praza de Abastos, o 20 de xullo de 18:00 a 20:30 horas, e o 21 de xullo de 19:00 a 21:00 horas. A saída da proba será da Praza da Mariña ás 22:30 horas.
Os premios na carreira de 10 quilómetros serán de 100 euros para o primeiro, 50 euros para o segundo e trofeo para o terceiro, nas categorías masculina e feminina. Na proba de 5 quilómetros os tres primeiros clasificados recibirán un trofeo, na categoría masculina e feminina. Ademais haberá un premio de 100 euros para o primeiro corredor/a local.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
