Cervo, 22 de xuño de 2018.- O Concello de Cervo vén de clausurar unha nova edición do taller de memoria programado pola delegación de Servizos Sociais e que se imparte nos locais sociais das diferentes parroquias do municipio.
O alcalde Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, participaron no acto de entrega de diplomas ás 34 persoas asistentes ao taller que se impartiu entre outubro e xuño.
Villares destacou que “o taller de memoria cumpre xa once edicións no noso Concello polo que é unha actividade máis que consolidada dentro da programación lúdico-educativa que deseñamos para os nosos maiores; tentando ofrecerles todas as ferramentas que están ao noso alcance para estimular e dinamizar o seu día a día, ao tempo que traballan e exercitan esa facultade tan importante que temos, como é a memoria”.
O rexedor quixo dar as grazas á edil Pilar Armada, e tamén a Elisabet Peña, que é a técnico encargada de desprazarse polos diferentes locais sociais impartindo eses obradoiros; e que tanto tempo lle adica aos nosos maiores.
Armada apuntou “que se trata de espazos de aprendizaxe nos que proporcionamos estratexias que melloran a capacidade memorística, cun enfoque preventivo para coidar esa capacidade tan básica para o mantemento da nosa calidade de vida; nos que as persoas usuarias potencian, ademais, as relación interpersoais”.
A edil e o rexedor emprazáronnos a participar na vindeira edición do taller de memoria que arrincará en outubro-novembro, agardando, así mesmo, que se sumen á actividade aqueles veciños que aínda non o fixeron.

























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falará coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá.
As fotografías empregadas serán de uso interno e non se publicarán nin compartirán en redes sociais nin en internet. A actividade está aberta tamén a nenos e nenas doutros concellos.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.
Entre as 10:00 e as 14:00 horas haberá arredor dunha decena de postos con produtos agroecolóxicos e de proximidade, ademais dun punto informativo para persoas interesadas en emprender no sector e actividades infantís. A alcaldesa Marta Rouco destaca que a feira busca dar vida ao centro da vila e visibilizar o rural como espazo de emprendemento, mentres que a concelleira Paula Vigo salienta a colaboración con A Estruga para ampliar a oferta habitual do mercado. O Concello anima á veciñanza a achegarse e coñecer os proxectos participantes.
Nesta ocasión, o grupo desprazouse ata A Pontenova para realizar un percorrido de 17 quilómetros que combinou a Ruta dos Fornos, a Ruta do Ferrocarril e a Ruta do Muiñeiro Namorado. A actividade, de dificultade baixa, iniciou o seu percorrido na Praza dos Fornos da Pontenova e rematou en San Tirso de Abres.
A programación do último trimestre inclúe Maiores con Arte, Moito máis que café, Entre risas e animación domiciliaria. Tras os obradoiros iniciados en maio, o Concello mantén o contacto cos participantes e leva as propostas ás asociacións para facilitar novas incorporacións. Na presentación explicaranse as formas de participación e os servizos dispoñibles. O programa conta co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Principado de Asturias.
O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.



