CARTA DO GMPP DE BURELA
Sobre a seguridade cidadá e as obrigas dun alcalde.
Asistimos nas últimas semanas a un acalorado debate na rúa sobre o acontecido na movida burelesa nos primeiros días do ano. Nese debate ténse falado, e se fala, da seguridade cidadá e das obrigas que tén un concello, especialmente o seu alcalde, de cara a garantir a convivencia do dereito ó descanso e o dereito ó ocio. Pasado un tempo prudente, cómpre facer unha reflexión serena e aclarar algunhas cuestións ó respecto, ainda recoñecendo, por experiencia de goberno, que garantir eses dereitos e a súa convivencia é sempre tarefa difícil para un concello, para o seu alcalde e para a Guardia Civil e a Policía Local.
En primeiro lugar, a violenta agresión sufrida por un rapaz a primeiros de ano hai que condenala radicalemente e pedir que se aplique a xustiza tan amplamente coma sexa posible para cortar de raiz estas situacións extremas. Pero, con todo, tén que considerarse como algo excepcional, e de por si non significa que exista inseguridade cidadá nas noites de fin de semana en Burela máis aló do que acontece en calquera outra vila semellante á nosa.
Aclarado esto, e adiantando que a lei di que o alcalde é o máximo responsable en materia de seguridade cidadá no seu termo municipal, e recoñecendo que o alcalde non é culpable directo da agresión citada porque el evidentemente non participa na mesma nin a incita, sí é certo que o papel do concello e do alcalde queda en entredito en todos eses acontecementos de fin de ano e principios do actual.
Noutros concellos non houbo ningún problema en Anovello no peche dos locais nocturnos. Por qué? Pois porque probablemente, como se facía en Burela co goberno municipal do PP, houbo conversas previas entre Guardia Civil e concellos para fixar criterios, tendo en conta a excepcionalidade das festas a vivir, pero eso sí, preservando en todo momento a lexislación vixente en caso de incidentes. No Anovello burelés, todo apunta a que o alcalde “pasou” de concretar criterios coa Guardia Civil, a que un local podería estar incumplindo a normativa legal sobre apertura e que ademais o propio alcalde tentou sacarse o morto de riba pola vía da disculpa antes de que lla pediran, pero dun xeito zafio e irresponsable culpando dos peches dos locais á Guardia Civil. Mal feito, porque nin antes das festas nin despois falou cos donos dos locais nocturnos, polo que non pode sair ós medios informativos decindo que o peche dos locais foi cousa exclusiva da Guardia Civil e pretender quedar como alcalde casto e puro e libre de toda responsabilidade. Eso sí, logo tenta rectificar, pero é tarde. Primeira culpa do alcalde, que demostrou xa de entrada esquecer cales son as súas funcións marcadas pola normativa vixente. Moita dilixencia para pechar algúns locais, e tamén moita para sacarse responsabilidades.
Dito esto, no que respecta á agresión sufrida por un xove burelés, o alcalde cargou as culpas na sociedade e nos locais nocturnos, e mesmo na xuventude. Díxonos a todos que todos tiñamos que aportar solucións. Mui ben; no que se refire á sociedade, é certo que todos temos algo que decir e que facer, como cidadáns e mesmo como pais e nais. Decirlles ós xoves que se comporten decentemente, tampouco esta mal, pero hai que predicar co exemplo. Porque el pode comenzar a exercitar a súa autoridade, por exemplo, co mal uso que co seu consentimento se lle dá á Praza do Concello: patinadores, coches aparcados na praza, etc.. É de mal gusto responsabilizar á sociedade cando non se fai ningunha laboura de prevención, e de peor gusto culpar á xuventude. Por certo, onde van as noites alternativas que puñera en marcha o PP? Desapareceron. Xa sabemos que non eran a solución final, pero resulta chocante que o bipartito, que tanto as esixiu desde a oposición, chegara a suprimilas.
E culpar ós locais de que venden moito alcohol e a prezo reducido, é sinxelamente confundir o touciño coa velocidade. Sobre de todo cando un alcalde tén que ordenar e facer realmente eficaces e eficientes os medios que tén. Sen ir máis lonxe, na maioría das noites dos fins de semana desde finais de Setembro só hai un policía municipal, o que demostra unha grave irresponsabilidade. Solución, reorganizar os recursos humanos dispoñibles, porque non hai que esquecer que a responsabilidade é do concello, e que a máxima autoridade dun concello é o alcalde. Porque cando hai alternativas para tal reorganización dentro dos recursos municipais, non se pode invocar á actuación da Guardia Civil, xusto despois de ter posto en tela de xuizo a súa actuación. Porque, había algún municipal de turno a noite da agresión ó xove burelés? Cremos que non, e eso é o que é realmente grave. Segunda metedura de pata do alcalde, que cáseque nunca tén a culpa de nada: toda a responsabilidade, segundo el, é sempre dos demais, da Guardia Civil, dos locais, dos pais e nais, e hasta dos rapaces por sair de noite.
Solucións hainas, e tenas o alcalde na lexislación vixente, lembrando cales son as competencias que tén o concello como tal e o alcalde en particular. Non nos extrana que boa parte da sociedade burelesa mire ó alcalde con certa desconfianza. Dada a súa forma de actuar, hasta pode que sexa el, precisamente, coa súa neglixencia e falla de posta en marcha de solucións activas, quen xenere tal desconfianza e mesmo inseguridade cidadá.
















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



