Viveiro 25-6-18. A vindeira semana dará comenzo o Campamento Urbano de Verán que se instalará no Pavillón do IES Vilar Ponte durante os vindeiros dous meses, finalizando o 31 de agosto -con excepción da semana do 9 ao 15 de xullo-. Este servizo prestarase de luns a venres, de 8:00 a 14:00 horas, intentando facilitar a conciliación familiar e laboral durante estes meses estivais. Este servizo está destinado a nenas e nenos nacidos entre os anos 2006 e 2014, ambos incluídos, sendo requisito que o menor estea empadronado no concello de Viveiro cun mínimo de un ano de antelación á data de comezo do campamento.
Ofértanse 120 prazas, das que se reservan 5 para nenos e nenas con discapacidade igual ou superior ao 33% (no suposto de que estas prazas non se cubran pasarán a acumularse ao resto das prazas libres).
O prazo de 5 días hábiles para a presentación das solicitudes empeza mañá martes, 26 de xuño, debendo presentar:
– solicitude de participación no campamento (Anexo I das bases)
– fotocopia do DNI do menor.
– fotocopia da tarxeta sanitaria
– fotocopia do DNI do pai/nai/titor legal que asine a solicitudes
– fotocopia do libro de familia
– no caso de ter certificado de discapacidade, copia do mesmo
– no caso de separación/divorcio entre os pais, copia da mesma para acreditar o réxime de custodia.
– vida laboral dos proxenitores ou certificado de realización do curso de formación emitido pola entidade impartidora.
É necesario indicar, con respecto aos criterios de selección, que en primeiro lugar se seleccionarán os nenos e nenas daquelas unidades familiares na que ambos proxenitores teñan vixente unha relación laboral no prazo de presentación de instancias ou estean realizando un curso do plan de formación impartido dentro da formación para persoas desempregadas nas distintas administracións públicas.
Cómpre salientar, finalmente, que este servizo é unha das apostas importentes deste equipo de goberno que, a pesar da política de recortes actual, continúa investindo para facilitar un servizo que considera esencial dende o punto de vista da educación, da diversión, do entretenemento, do ocio e, sobre todo, da conciliación familiar.


























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



