A Pontenova, 19 de xullo de 2018.- O Alcalde da Pontenova, o socialista Darío Campos Conde, avanzou que o PSOE, a través dos compañeiros do grupo parlamentario, presentou varias iniciativas na cámara galega para instar á Xunta de Galicia a que responda e cubra as peticións dos máis de 2.300 veciños da Pontenova sobre o centro de saúde do municipio. Os socialistas esixen, polo tanto, que se cubra a praza do médico recentemente xubilado e un de Persoal de Servizos Xerais para equiparar a situación anterior.
Os socialistas denuncian que nos últimos tempos existe unha clara tendencia a reducir o número de persoal que atende no centro, aproveitando baixas e xubilacións. Actualmente o centro de saúde conta con 2 médicos cando antes había 3 porque a Xunta négase a repoñer a praza do facultativo recentemente xubilado, e con 1 persoal de Servizos Xerais cando antes dispoñían de 2. A falta de persoal provoca moitos problemas para os veciños da Pontenova, por exemplo, que as chamadas para pedir cita se deriven a unha centralita, é dicir, non hai atención persoal, feito que complica aos maiores do municipio que se ven na obriga de desprazarse directamente ao centro de saúde para pedir unha simple cita.
O PSOE critica que estes recortes por parte do Goberno do PP producen maior saturación tanto na atención médica como na organización do centro. O PAC de referencia para A Pontenova é o do Concello de Meira, que en días como o sábado pola mañá ten unicamente un ATS, que non consegue cubrir a demanda pois ten que atender tanto ao PAC como aos maiores nas súas vivendas a través do servizo de atención domiciliaria.
Un concello moi envellecido e con moita dispersión poboacional
Para A Pontenova o correcto funcionamento do centro de saúde é indispensable, pois é un Concello con máis de 2.300 habitantes, que conta con 11 parroquias e 67 núcleos poboacionais, cunha dispersión poboacional de 17,5 habitantes/Km2 é unha taxa de envellecemento moi alta, pois o 36% da poboación supera os 65 anos de idade. Estas características condicionan a necesidade dunha atención próxima e áxil a todos os veciños e unha sanidade pública e persoal.
O Alcalde socialista da Pontenova e o seu equipo de goberno mantiveron varias reunións cos veciños para tratar estes problemas sobre o centro de saúde e recolleron máis de 1.500 firmas dos veciños para que o SERGAS cubrira a praza do médico. Ante a negativa da Xunta de Galicia de repoñer estas prazas o grupo parlamentario socialista rexistrou estas iniciativas na cámara galega para que se cumpran as necesidades que demandan os veciños da Pontenova.

















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



