Viveiro 20-7-18. Tras a polémica xurdida en 2016 con respecto á instrución dos procedementos sancionadores da Policía Local de Viveiro e tendo en conta as graves acusacións vertidas polo grupo municipal do Partido Popular sobre este asunto, nas que, entre outras cuestións, se fixo referencia á situación de nulidade de máis de 800 expedientes, esta Alcaldía considera necesario explicar que:
– Este concello tramitou un expediente de revisión de oficio, derivado das solicitudes de nulidade presentadas por varios cidadáns, no que se vén de ditar resolución determinando a non existencia de nulidade.
– Na tramitación deste expediente puido constatarse que se trata dunha materia complexa, non existindo unanimidade xurisprudencial e sendo preciso analizar a posible concorrencia de diversas cuestións, como a existencia ou non de indefensión, o tipo de procedemento ou a imparcialidade na tramitación do mesmo, entre outras.
– Analizadas as cuestións referidas tanto pola instrución do procedemento como por parte do Consello Consultivo de Galicia, concluíuse que non se estaba ante un vicio de nulidade.
– Tras a tramitación deste expediente de revisión de oficio quedou claro, sen lugar a dúbidas, que nestes procedementos se seguiron os trámites previstos na normativa aplicable, non producíndose ningún tipo de vulneración de dereitos nin indefensión para os interesados.
– Con todo isto vén a demostrarse que o Concello de Viveiro, co persoal existente e a pesar das carencias de persoal funcionario -situación que non se puido corrixir en tanto non se aprobe a modificación da RPT, na que se está a traballar, e sempre e cando sexa permitido pola normativa estatal, non sendo posible nalgunha anulidade-, tramita os procedementos segundo a lexislación vixente, garantindo en todo caso os dereitos dos cidadáns.
Con estas explicacións quero deixar claro que se trata dunha materia complexa que require un análise detallado da situación e, sobre todo, prudencia. Considero que o grupo municipal do Partido Popular actuou de forma irresponsable acusando a este concello pola tramitación realizada nesta materia e afirmando que máis de 800 expedientes podían atoparse en situación de nulidade. Estas declaracións causaron unha gran alarma social e foron moitos os veciños que se achegaron ao concello confusos e preocupados polo asunto; dende o concello sempre se tratou de transmitir confianza e tranquilidade á veciñanza, sinalando que sería preciso esperar á tramitación do expediente de revisión de oficio, para comprobar se existía ou non nulidade, demostrando, como xa se dixo, que non existe nulidade e, polo tanto, o concello non ten que devolver o diñeiro aboado polos cidadáns nas multas.
Lamento que o Partido Popular puxera por diante os seus propios intereses, atrevéndose a “opinar” antes de tempo e proporcionando información sesgada, sobre un asunto de gran complexidade, no que, como se dixo, nin sequera hai unanimidade na xurisprudencia existente. Agardo, sobre todo en beneficio da cidadanía, que o grupo municipal do PP reflexione e mude o seu xeito de facer política.
A alcaldesa
María Loureiro García























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



