Ribadeo, 26 de xullo de 2018. O alcalde, Fernando Suárez, lémbralle ao PP local os deberes que a Xunta ten pendentes con este concello, tales como o desbroce da ruta da costa, o saneamento ou o abastecemento de auga. O rexedor asegura que o equipo de goberno ve con incredulidade as últimas críticas realizadas polos populares sobre asuntos como a non celebración onte, 25 de xullo, do mercado semanal dos mércores. Para Suárez Barcia o único que fai o PP é pintar o ridículo e falar por falar.
O alcalde ribadense manifestou: “vemos desde o goberno municipal, con certa incredulidade, as críticas que ultimamente nos fan os portavoces do PP de Ribadeo, cada vez con menos peso, cada vez con menos argumentos e cada vez máis hilarantes. A última é que nos cuestiona que non se celebrou o mercado semanal onte porque era o Día de Galicia”.
Suárez Barcia explicou que “hai determinados días ao ano que deben ser festivos. O primeiro de xaneiro, o Día Nacional de Galicia, ou o primeiro de maio son xornadas en que as actividades deben parar tamén por respecto aos traballadores. Polo tanto non sei exactamente o que perseguen desde o Partido Popular máis que falar por falar”.
O rexedor cre que “o que lle podían dicir aos seus responsables e amigos da Xunta de Galicia, que tan prestos están para criticarnos todas as cousas que facemos desde o Concello de Ribadeo, o primeiro que dunha vez por todas desbrocen a ruta da costa, que lles corresponde a eles e xa van tres veces que os levamos avisando, dígoo porque non sei se cando acabe o verán vai ser xa necesario que desbrocen nada. Ao mesmo tempo dicirlles que cumpran todos os acordos que tíñamos tomados no pleno da Corporación para que se comportaran como se merece con Ribadeo, por todas estas inversión pendentes de abastecemento de auga, de saneamento, que agora están perdidas e agora non se abre a boca por parte do portavoz do PP desde que no pleno da Corporación lle pedimos esa colaboración á Xunta de Galicia”.
Fernando Suárez engadiu que “polo resto me parece que é falar por falar, non ter nada solvente polo que criticar, e non sei se atendendo ás redes sociais, ou a circunstancias un tanto pintorescas se dedican a facer este tipo de oposición. Animalos a que sigan así porque van moi ben encamiñados”.
O alcalde tamén lembrou as críticas dos populares sobre a rúa San Roque: “primeiro non ía estar e despois, cando viron que ía estar, que a ver como quedaba. É dicir, é pintar o ridículo o que están facendo ultimamente. Si se dedicaran a traballar e deixaran de enredar ganaban moito máis”.



















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



