Nota de Prensa
José Manuel Balseiro advirte que na primavera terá lugar a votación definitiva no seo das institucións comunitarias e o Goberno central ten que “adoitar como propios os postulados expostos pola Xunta de Galicia” para “liderar a defensa dos intereses de Galicia”.
O PARLAMENTO DE GALICIA, A INICIATIVA DO PP, RECLAMA AO GOBERNO DO ESTADO UN VOTO NEGATIVO ANTE A PROPOSTA DA COMISIÓN EUROPEA DE MODIFICAR O SISTEMA DE CONTROL DE BIOTOXINAS
* Balseiro lembra que as consellerías de Mar e de Sanidade dispoñen dun informe científico “que avala a idoneidade dos métodos analíticos actuais e censuran por improcedente o cambio proposto pola Comisión Europea”, que afectaría “negativa e irreversiblemente” á produción mitícola e marisqueira galega sen achegar “ningunha mellora na seguridade alimentaria pública”
Santiago, 05 de febreiro de 2010.- No seo da Comisión de Pesca e Marisqueo celebrada no día de hoxe no Parlamento de Galicia prosperou unha iniciativa defendida polo Grupo Parlamentario Popular a través da que se lle reclama ao Goberno central un voto negativo diante da proposta da Comisión Europea que pretende modificar o sistema de control de biotoxinas e, máis en concreto, mudar o sistema biolóxico actual por un novo modelo químico.
José Manuel Balseiro advirteu que na primavera terá lugar a votación definitiva no seo das institucións comunitarias e o Goberno central ten que “adoitar como propios os postulados expostos pola Xunta de Galicia” para “liderar a defensa dos intereses de Galicia” evitando deste xeito que o cambio no modelo de control teña lugar. Malia isto, socialistas e nacionalistas non apoiaron a iniciativa pois pretendían introducir emendas no acordo final, que rebaixaban con moito a ambiciosa pretensión do Grupo Popular, baseada nun contundente rexeitamento a cambio do sistema de control das toxinas e na negativa a aceptar calquera variación nos actuais parámetros analíticos.
O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro lembrou que as consellerías de Mar e de Sanidade dispoñen dun informe científico “que avala a idoneidade dos métodos analíticos actuais e censuran por improcedente o cambio proposto pola Comisión Europea”, que afectaría “negativa e irreversiblemente” á produción mitícola e marisqueira galega sen achegar “ningunha mellora na seguridade alimentaria pública


















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



