Ribadeo, 2 de setembro de 2018. O Cine Teatro encheuse na tarde de onte para asistir ao pregón que pronunciou o profesor Carlos Álvarez Lebredo. Nado en Ribadeo, reside en Santiago de Compostela. É fillo do músico Carlos Álvarez Fernández-Cid, de quen se celebra este ano o centenario do seu nacemento con varios actos na vila ribadense.
O acto deu comezo coas intervencións do presidente da comisión de festas, Juan José Otero, e da concelleira Mariluz Álvarez Lastra, que desculpou a ausencia do alcalde, Fernando Suárez, debido a unha indisposición de última hora. Tras escoitar atentamente ao pregoeiro os asistentes puideron gozar da actuación que ofreceu a Coral Polifónica de Ribadeo, que interpretou media ducia de pezas.
Os membros da comisión de festas Juan José Otero, Avelino Martínez e Marta Saiz quixeron agradecer o traballo de varias persoas que durante as últimas semanas e meses estiveron a colaborar con elas para que os festexos patronais de Ribadeo puidesen levarse adiante. Foron convidad@s a subir ao escenario do Teatro Begoña García, Begoña Fraga, Cani, Mar da Veiga, Neni, Rocío Brañanova e Íker. Alí recibiron un obsequio cos Cocos como protagonistas e unha frase que di “A comisión agradece a súa colaboración nas festas da patroa 2018”.
Con anterioridade o presidente da asociación organizadora das festas, Juan José Otero fíxolle entrega dunha placa conmemorativa ao pregoeiro deste 2018, Carlos Álvarez Lebredo. A directora da Coral Polifónica de Ribadeo, Mª Carmen Rodríguez Cancelo, recibiu un ramo de flores e a Coral un agasallo como lembranza da súa participación no acto.
Entre os asistentes ao pregón estiveron varios membros da Corporación Municipal de Ribadeo, o deputado autonómico Daniel Vega, así como o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez.
O acto foi presentado pola xornalista e directora de Faro Norte Comunicación, Carmen Cruzado.
A primeira verbena das festas patronais ribadenses terá lugar o mércores 5 de setembro a partir das 22:30 horas e estará amenizada pola orquestra Los Satélites.
O xoves, día 6, ás 16:00 horas haberá teatro en inglés para nenos: Storytime Under the sea by Kids&Us Ribadeo. Ás catro e media da tarde comezarán as actividades do Parque Diverneno, con inchables, festa da escuma e máis actividades. Neste acto colabora ACISA Ribadeo e se o tempo non acompaña trasladarase ao pavillón do colexio Gregorio Sanz. A verbena dese día comezará ás 22:30 horas e contará coa actuación da orquestra Marbella.
O venres 7, véspera do día da patroa, ás 11:30 horas saíran os cocos e cabezudos acompañados do grupo folclórico Amigos da Gaita. A partir das 22:30 horas haberá verbena coas orquestras Gran Parada e Ritmo Joven. E ás doce da noite terá lugar a tradicional sesión de fogos artificiais no peirao.
O sábado 8, día da patroa, ás doce do mediodía celebrarase misa solemne cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo, seguida de procesión acompañada pola Banda Municipal de Música de Ribadeo, que a continuación ofrecerá un concerto diante da Casa do Concello. E ás 22:30 horas empezará a verbena amenizada polas orquestras Gran Casino e Ibiza.
As festas patronais ribadenses seguirán o domingo 9 coa verbena que comezará as dez e media da noite e contará coas actuacións das orquestras La Favorita e Fénix. Xa o luns 10 será o día dos nenos, que gozarán de prezos especiais nas atraccións.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



