Alfoz, 2 de setembro de 2018. A Área de Cultura e Turismo de Alfoz fai un balance positivo da actividade turística no concello nos meses principais da época estival, durante os cales o Castelo do Castro de Ouro rexistrou preto de 6000 visitas.
No mes de xullo superáronse as 1200 visitas nas xornadas ordinarias de apertura da oficina de turismo e as 2300 visitas durante a xornada do sábado do XX Mercado Medieval. O rexistro de xullo acadou un total de 3562 visitantes procedentes principalmente de Galicia, Madrid, Castela e León e Asturias. Cabendo destacar tamén a afluencia de andaluces, cataláns e vascos. En canto aos visitantes internacionais, recibíronse visitas dende Alemaña, Bélxica, Brasil, Francia, Holanda, Irlanda, Italia, Polonia, Portugal, Reino Unido e Rumania.
No mes de agosto o patrón de procedencias foi moi similar e rexistráronse un total de 2315 visitantes en xornadas ordinarias de apertura da oficina de turismo.
Por outra banda, cabe destacar a afluencia de visitantes que tiveron as distintas actividades que axudaron a dinamizar o entorno do Castelo durante a época estival, ademáis da XX edición do Mercado Medieval, como foron o concerto de saxofón, a I Baixada de Carrilanas, o III Maratón de Pintura e a V edición do Teatro no Castelo.
Actualmente, o Castelo do Castro de Ouro permanece aberto de martes a domingo de 11 a 14 e de 17 a 20 horas ata o domingo 16 de setembro. Dende esta data poderá visitarse sábados, domingos e festivos de 11 a 14 e de 16 a 19 horas.























A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.



