Burela, 3 de setembro de 2018. O alcalde, Alfredo Llano, recibiu a visita institucional da subdelegada do Goberno en Lugo coa que falou de asuntos como as melloras que se poden facer no cuartel da Garda Civil na localidade, a seguridade, a inmigración, e algunhas infraestruturas como a N-642, a autovía Barreiros-San Cibrao ou o tren que pasa pola comarca. Foi unha primeira toma de contacto, que servirá para preparar a vindeira xunta local de seguridade.
O rexedor burelés declarou que “recibín a visita institucional da subdelegada do Goberno e puxémonos ao día en temas que nos interesan a todos como pode ser a casa cuartel, o número de gardas civís que están convivindo e facendo o servizo no noso concello e as melloras que se poden facer no cuartel. Estivemos falando desa preocupación, que non é real, de que se van pechar cuarteis e levar para outro lado. De momento non existe nada que poida preocuparnos, parece ser que foi unha noticia interesada en divulgar algo que non vai ser verdade e para desviar a atención”.
Alfredo Llano explicou que “tamén falamos da seguridade en Burela, antes de facer a xunta local que imos celebrar nos próximos meses. Estivemos falando de que Burela non é un dos sitios perigosos para a vida cotiá nin para a convivencia, é unha localidade tranquila, que se caracteriza pola súa normalidade e estamos satisfeitos de que sexa así. Non hai unha preocupación grande nese senso. Estivemos falando tamén de temas relacionados coa inmigración, da cantidade de nacionalidades que están convivindo aquí con nosoutros, e das facilidades que poden ter para tramitar os papeis que necesiten para estar totalmente legais no noso país, que nalgún tema teñen que pasar pola Subdelegación do Goberno”.
Respecto ás infraestruturas na zona, Alfredo Llano manifestou que “estamos de acordo en que se debe mellorar integramente a N-642, que é algo que realmente nos ten preocupados. Agora xa se están dando os pasos, estase notando moitisimo cunha serie de obras que van mellorando substancialmente o firme. Aínda que hai que rematala e mellorala en todos os aspectos que se poida. Agora axiña vai acometerse a obra dunha maneira íntegra. Tamén falamos da necesidade de seguir insistindo na realización da autovía de Barreiros a San Cibrao. É algo que vimos reclamando desde fai moitos anos, é algo que se lle pediu ao PP, e polo tanto imos esixir que se faga o antes posible. Estivemos falando ademais de Feve, hai que ter en conta que a Mancomunidade de Municipios da Mariña forma parte dunha comisión de mellora deste servizo e estiven comentándolle o que viñemos facendo. Soliciteille que interveña e facilite unha entrevista coa presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera, para falar con ela dese asunto que mentres non se amañe seguirán preocupándonos”.
O alcalde de Burela dixo que “tamén falamos de temas de pesca a nivel xeral, a ver se en pouco tempo organizamos unha reunión na Mariña para tratar do que preocupa aos nosos armadores, aos nosos pescadores e aos profesionais que se dedican a esta actividade. Tamén imos facer unha reunión da mesa de coordinación de violencia de xénero, posiblemente a finais deste mes, e imos tratar de facela en Burela”.
Para Llano o encontro de hoxe “foi un contacto amigable para tratar temas que nos preocupan, que poidamos abordar en conxunto, e que poidamos solicitar ao goberno central a través da Subdelegación. Desde logo o interese e a cooperación están garantidos seguro”.
Críticas do PP sobre a sinalización no porto
O alcalde de Burela manifestou que “tivemos unha certa sorpresa de ver como o Partido Popular ven de facer algunha manifestación ao seu estilo, que se parece máis ás manifestacións de patio de colexio, con respecto a tráfico no porto dicindo que o único que fixemos foi colocar un stop na zona portuaria”.
Alfredo Llano sinalou: “eu pensei que iso quedara perfectamente explicado cando no último pleno falamos do tema. Todo o que se fixo alí, con respecto á sinalización horizontal e vertical na zona portuaria, é responsabilidade directa de Portos de Galicia, que fixo unha sinalización que eles consideraban que era a máis convinte. Nosoutros explicamos no último pleno, que estivemos en contacto con Portos de Galicia para pasarlles unha nova proposta de sinalización desde o Concello porque nos parecía máis idónea para o tráfico que pasa por alí, que ven de acceso ao porto e pasa por Eijo Garay. Eles aceptaron e foi o que se fixo, polo tanto non sei a que ven mandar notas de prensa cando isto foi explicado perfectamente no último pleno, a unha pregunta de Mario Pillado”.
O rexedor burelés fixo fincapé en que “a responsabilidade da sinalización é de Portos de Galicia, aínda que o Concello colabora todo o que pode con Portos. Foi algo que fixo Portos a través dunha proposta nosa, cremos que mellorada e que dá moita máis seguridade ao tráfico nesa zona. Vese perfectamente onde están os sinais horizontais e verticais. É algo que nos sorprende, pero non lle damos máis importancia a esas críticas dos populares”.






















Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



