Lourenazá. 21, setembro, 2018. O Grupo Municipal do PP de Lourenzá destaca “a falta de credibilidade” da alcaldesa socialista por non querer dar explicacións no Pleno deste xoves 20 de setembro sobre a dimisión dun concelleiro cando xa evitara responder no Pleno anterior aprazando a resposta ao seguinte e “faltándonos ao respecto” porque “este tipo de preguntas si se poden contestar no momento”.
Os populares lamentan que “a alcaldesa non nos responda nin nos facilite información sobre os asuntos do Concello”. De feito, “a resposta da rexedora ás preguntas sobre as razóns polas que mantiveron ao concelleiro cobrando durante dous anos e medio se eran coñecedores de que non estaba a facer o seu traballo, tal e como manifestaron publicamente en distintos medios de comunicación, cinguíronse a que agora non está e non vai facer máis declaracións; non sen antes ratificarse no artigo de opinión que publicaron sobre este asunto.
A este respecto, os populares laurentinos critican que “a alcaldesa nos responda coma se fosemos traballadores dos medios de comunicación e non coma concelleiros”. De feito, dende o Grupo Popular aseguran que “a alcaldesa de Lourenzá non respecta o labor de control da oposición no que parece ser unha mostra sobre o descoñecemento das funcións da Corporación municipal e das do Pleno”.
Falta de entendemento entre o Goberno local
Dende o PP local recordan que “xa son dous os edís que dimiten e xa só queda un suplente da lista presentada polos socialistas nas pasadas eleccións municipais”. Isto demostra de novo “a falta de entendemento nas filas da actual rexedora”.
Ademais, ás preguntas dos edís do Partido Popular sobre a persoa responsable de distintas áreas de actuacións municipais “sempre é a alcaldesa a que manifesta ser ela mesma a responsable”. Isto para os populares demostra que “todo ten que pasar pola súa man, pasando a estar o resto de concelleiros pouco máis que de figurantes”.
“A alcaldesa nin responde á oposición nin ten en conta aos veciños”
Outra das preguntas formuladas polo Grupo Municipal Popular no pasado pleno foi a relacionada coa limpeza dun tramo da estrada LU-P-2804. Daquela “a alcaldesa limitouse a indicar que o traballo realizado foi a limpeza de residuos para atender á súa urxencia e perigosidade”. Para os populares “queda de novo en evidencia a falta de credibilidade da alcaldesa”. De feito, os edís do PP precisan que “eses traballos de limpeza non eran máis urxentes nese momento que algúns meses antes porque o tramo de estrada provincial onde se interveu levaba así moito tempo por mor dos residuos dunha explotación que acaban na cuneta”. E, en calquera caso, “as tarefas de limpeza corresponderíanlle á Deputación Provincial como titular da mesma”.
É por iso polo que dende o Grupo Municipal Popular quixeron coñecer o importe total do custo, pero a alcaldesa non contestou. Tamén preguntaron se o Goberno local pretende trasladar ese importe ao ente provincial ou ao causante do dano; pero “tampouco recibimos resposta”. En calquera caso, “non nos parece axeitado que sexan todos os veciños de Lourenzá como contribuíntes os que teñan que pagar esta limpeza polo mal uso de bens públicos por parte dun veciño concreto e aínda por riba nunha estrada de titularidade municipal”, lamentan. “Non se trata do importe en si, senón do feito. Estamos cansos do pouco rigor que ten este equipo de Goberno”. De feito, fai pouco tempo os populares denunciaran o gasto dunha comida organizada polo Concello sen factura e, por conseguinte, sen IVE.
Os populares lamentan que “a rexedora socialista non nos conteste a ningún dos grupos da oposición”; pero consideran aínda “máis grave” que “non teña en conta as peticións dos laurentinos”. Un destes exemplos constitúeo o punto limpo que a pesar das reiteradas queixas veciñais non se mantén en activo no horario de apertura. Neste senso dende o PP de Lourenzá recordan que “o compromiso coa Xunta de Galicia é de mantelo aberto catro horas en horario de mañá os luns, mércores e venres; pero dende un tempo a esta parte, pasan semanas sen que ninguén o atenda e, polo tanto, acumúlanse enseres no seu exterior”.
“Veciños de primeira e veciños de segunda”
O Grupo Municipal Popular asegura, igualmente, que “o Goberno local distingue entre veciños de primeira e de segunda” ao executar a limpeza das vías municipais “ata en dúas ocasións este ano nalgunhas zonas, mentres que outras aínda están sen limpar”.
Os populares tamén preguntaron no Pleno polo arranxo da estrada de Arroxo, a recuperación da comida da terceira idade, o estado das farolas do alumeado público e polos colectores do lixo soterrados que se manteñen sen servizo. A alcaldesa evadiu dar respostas concretas a estes asuntos botando balóns fóra”.
Finalmente, atendendo ás peticións da veciñanza o Grupo Popular en Lourenzá presentaba varios rogos ante o Pleno da Corporación solicitando a colocación dun espello na saída do aparcamento público do Paseo de Olla, a limpeza das marxes da estrada da Deputación en San Adriano dende o cemiterio parroquial á capela de San Sebastián e o arranxo do teito da antiga escola de Arroxo. Neste caso, “a necesidade do seu arranxo é inmediata debido á perigosidade que supón para os veciños da zona o estado da edificación que se está a derrubar por un dos seus laterais”.

















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



