Ribadeo, 21 de setembro de 2018. O alcalde, Fernando Suárez, e a concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, inauguraron a primeira hora desta tarde no Teatro as XI Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xenéro, Reafirmando Estratexias.
Este ano ponse en marcha unha nova experiencia nas undécimas xornadas de violencia de xénero do Concello de Ribadeo coa pretensión de abrir ás xornadas á cidadanía. Segundo subliñan desde a Concellaría de Igualdade e desde o CIM “as violencias machistas son un problema social e como tal todas e todos debemos poñer os medios que estean nas nosas mans para impedir e evitar as actitudes e comportamentos que a xeran e reproducen”.
Desde a Concellaría de Igualdade explican que “na praza Oito de marzo mañá, sábado, se instalará a Carpa da Igualdade onde se desenvolverán ao longo da tarde actividades para ás crianzas de entre 4 e 12 anos. As actividades promoverán e traballarán a igualdade de xénero. Haberá varios espazos na carpa: O espazo de Construíndo Igualdade, onde xs nenxs realizarán manualmente cousas como por exemplo un obradoiro de chapas de personaxe femininas relevantes de Ribadeo, obradoiro de Hamabeats con nomes de mulleres inventoras, mural con pintura de dedos para colorear sobre a igualdade, atrapabola de personaxes femininas…O espazo Xogando Igualdade, onde se desenvolverán xogos que se basearán en dinámicas que xeren actitudes e valores igualitarios como xogos non sexistas, de linguaxe non sexista, actividades de aprendizaxe con inventos de mulleres, xogos cooperativos de educación, etc”.
E engaden: “na carpa haberá tamén o espazo Contando Igualdade no que contaremos co espectáculo de narración oral de Raquel Queizás, Ruta propia, que reivindica a figura da escritora e mestra rebelde que loitou pola nosa lingua e pola igualdade creando nas súas obras personaxes femininas activas e protagonistas, Mª Victoria Moreno. E o espazo Biblioigualdade para aquelxs nenxs que queiran dedicar un tempo da tarde a ler novos contos. Serán adaptados ás diferentes idades, pero que tratarán a temática da igualdade de xénero”.
Todas estas actividades desenvolveranse en horario de 17.00 a 20.00 horas e contarán con monitorxs durante ese tempo. Terán preferencia para participar xs fillxs das persoas que estean anotadas nas xornadas.
As XI Xornadas de Abordaxe Integral da Violencia de Xénero desde o Ámbito Local desenvólvense hoxe e mañá no Teatro.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



