XOVE (MFO) .- O Xove deu a sorpresa na decimo novena xornada da liga Primeira Nacional ao derrotar na casa ao Baloncesto Narón por un contundente 65 a 44 e saíndo así dos últimos postos da clasificación. O Celtas estivo a piques de dar tamén a campada na pista do Ferroplast Basket Coruña pero non puido culminar na prorroga o bo partido perdendo finalmente por 81 puntos a 74.
O C. B. Xove derrotou o líder da liga gracias a impresionante defensa realiza. No primeiro cuarto os visitantes so puideron anotar sete puntos e ao descanso o marcador reflectía un impresionante 29 a 15 para os locais. Na reanudación foi mais do mesmo chegando a renta ata os 28 puntos. No último cuarto os de Xove relaxáronse e os de Narón puideron maquillar un pouco o resultado ( 65-44 ). Con esta vitoria o Xove sae dos últimos postos e colocase decimo terceiro.
Polo C. B. Xove xogaron: Juan María (23), Andrés (4), Fernando (14), Álvaro (4), Víctor (6) – Juanma (9), Ángel (3) e José David (2).
O Celtas-Primera Calidad realizou en Coruña un dos seus mellores partidos como visitante pero tras unha prorroga foi incapaz de levarse o partido. Os focenses foron por diante no marcador durante case os corenta minutos regulamentarios gracias o control do ritmo do partido pois os coruñeses fixeron unha defensa presionante durante todo o encontro que os mariñáns souberon controlar. A falta de dous minutos os de Marco Justo gañanban de oito puntos pero o acerto no tiro exterior dos locais levou o marcador a empate a 62 ao final dos corenta minutos. Nos cinco minutos extra o Celtas non lle perdeu a cara ao encontro pero o cansancio fixo efecto na defensa e o Basket Coruña puido levarse o partido por 81 a 74. Tras esta derrota o Celtas segue cerrando a clasificación a cinco vitorias do penúltimo clasificado.
Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Manolo (10), Paco (10), Diego (5), Sama (24), Aarón (13)- Miguel (12), Manuel, Humberto e Eduardo.


















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



