NOTA DE PRENSA
O deputado do PPdeG eloxiou no pleno do Parlamento a actitude da Xunta de Galicia para elaborar un consenso, con ofrecemento de diálogo e organizacións de múltiples actos cos afectados e expertos, para unha resposta galega ante a inminente reforma da Política Pesqueira Común
BALSEIRO OROL: “GALICIA TEN QUE TER UNHA POSICIÓN DE PAÍS E LIDERAR A PROPOSTA DE REFORMA DA POLÍTICA PESQUEIRA COMÚN”
* Para o voceiro do Mar “o ano 2013 é un punto de inflexión para o noso mar e queremos que tamén o sexa para marcar un novo benestar dos homes e mulleres da pesca, da acuicultura e do marisqueo en Galicia”
* Balseiro insistiu na Europa das oportunidades, que contribúa a que a nosa comunidade dispoña dun sector pesqueiro saneado e eficiente, que se reforme o esgotado sistema de TACs e cotas, que se preserven o maior número de empregos na pesca coa homologación correspondente e o recoñecemento europeo da especificade da nosa flota artesanal e da nosa capacidade, forma e produción marisqueira
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2010.- O voceiro do Mar do PPdeG, José Manuel Balseiro Orol, indicou hoxe no pleno do Parlamento que “Galicia ten que ter unha posición de país e liderar a proposta de reforma da Política Pesqueira Común mirando sempre cara o noso mar e coa suficiente forza en Europa” durante a súa intervención durante a comparecencia da Conselleira de Mar para informar sobre a proposta de Galicia para a reforma da Política Común de Pesca.
O voceiro do Mar eloxiou a actitude da Xunta na búsqueda do consenso, dende a participación e dende a experiencia, identificando o que non ten funcionado e facendo propostas novas “xurdindo unha resposta, en clave galega, para a reforma da Política Pesqueira Común”.Segundo Balseiro o PPdeG sempre defendeu que Europa non debía ser unha fonte permanente de incerteza e malas novas ou problemas “críamos e apostábamos pola Europa das oportunidades, tamén para a nosa pesca”.
Para o deputado popular non se pode caer “nin o euro-excepticismo propio dos nacionalistas que intenta botar balóns fóra e culpar de todo á maléfica Europa cando non poden ocultar a súa responsabilidade e complicidade na mala xestión do bipartito que levou á nosa pesca e marisqueo ao borde da ruína, nin cometer os erros dos socialistas que, ante o descrédito internacional da política de Zapatero non teñen fortaleza para defender a pesca como sector estratéxico”.
O mundo do mar, indicou Balseiro, dende a pesca artesanal á altura e grande altura,do marisqueo ata o cultivo acuícola e mexilloeiro son parte da nosa riqueza e son recoñecidos como produtos de calidade en todo o mundo polo que “é moito o que nos xogamos polo que é importante o que Galicia e o seu Goberno pode achegar, aportar, e enriquecer neste importantísimo debate que se está a producir no seo da Unión Europea”. Nese sentido cualificou de acertada a estratexia da Consellería do Mar co ofrecemento de diálogo, escoitando a todas as forzas políticas e coa organización de múltiples actos, foros, espazos onde os directamente afectados e os expertos souberon dar a visión do que se debe defender na proposta de reforma.
OPORTUNIDADE PARA GALICIA
Para o voceiro do Mar “o horizonte do 2013 debe ser unha oportunidade de volver a situar a Galicia e a Europa na vangarda”. Nese sentido avogou porque a nova política pesqueira común saiba dar resposta aos retos da nosa pesca, “que poña fin á imaxe dun sector pesqueiro pouco competitivo, incapaz de abastecer ao seu propio mercado, que corrixa o problema duns recursos normalmente sobre-explotados, que configure un mercado no que non existe plena mobilidade e plena equiparación cunha normativa harmónica no ámbito das titulacións e que o noso mexillón non saia perdendo e que as mariscadoras e mariscadores poidan facer o seu traballo coa garantía de que achegan o produto símbolo de calidade” .
Balseiro insistiu na Europa das oportunidades que contribúa a que a nosa comunidade dispoña dun sector pesqueiro saneado e eficiente, que se reforme o esgotado sistema de TACs e cotas, que se preserven o maior número de empregos na pesca coa homologación correspondente e o recoñecemento europeo da especificade da nosa flota artesanal e da nosa capacidade, forma e produción marisqueira.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



