O domingo ás 19:00 horas, o auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, acolle unha obra de teatro dirixida aos máis pequenos da casa, pero tamén aos máis maiores. A cita está organizada pola delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, dentro do programa Buxiganga. A obra que se representará será A Máquina do Tempo, un espectáculo cómico no que Pepablo Patinho e Montse Piñón lles contan aos nenos e nenas, e tamén aos maiores, a historia da evolución humana.
