Non é o mesmo un moble de Ikea que dun ebanista profesional, non é o mesmo un gato que un león. O primeiro é un peludiño máis cariñoso e afable á vista, o segundo é o rei da selva, e se de cazar se trata é máis efectivo, como o moble do carpinteiro dura máis, ten futuro e é de maior calidade.
Víamos os resultados do Ministerio de Política Territorial, e se comparamos as retribucións da corporación de Viveiro (64.210 €) cos de Ourol (78.160 €) con 15 veces menos población, semella que a función pública no primeiro é altruista e case que traballan de regalo. Pero nada máis lonxe da ficción, xa que Viveiro con 17 Concelleiros, gasta en persoal (case 200) 5,4 millóns de euros; algo que frea a inversión en gasto social e mellora do municipio, e impide poñer proxectos a futuro diante da mesa, con impostos dos máis altos de Galicia. Por lei ten dereito a 7 adicacións exclusivas, co cal deixa entrever que é un barco sen oficiais ó mando, cando pasa isto de ir ó mar sen patrón, sen motorista, sen remos, pois a embarcación non sae do peirao, ou afúndese.
¿Non sería mellor cobrar e ter unha resposabilidade, sen ver a xestión política como un mero entretemento ou xogo, unha festa o que se apuntan como se fóramos nenos e no que perdemos todos? ¿Non sería mellor cobrar e non montar negocios paralelos á actividade política como vemos en varios casos? ¿Non sería mellor ter xente eficiente, preparada e adicada por completo que teña ideas de como evolucionar? ¿Non sería mellor vender menos a moto e ver realidades e feitos, en vez de parálisis? ¿Non sería mellor cobrar acorde por un traballo ben realizado? ¿Non sería mellor…? Sería mellor. Como dí o xornalista arxentino M. Grondona: “El populismo ama tanto a los pobres que los multiplica” O barato sae caro.

















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



