Mondoñedo 6-10-18. A Asociación As San Lucas en colaboración co Colectivo Mondoñedo É … e o Concello de Mondoñedo veñen de convocar a 3ª edición do galardón denominado Premio Mondoñedo10 que nesta ocasión, ano 2018, se concederá na modalidade de TEATRO á mellor obra escrita orixinalmente en galego e cuxa primeira edición fose publicada, editada ou representada en calquera soporte nos 10 anos anteriores ao desta convocatoria; ou sexa, entre 2008 e 2017, ambos inclusive.
REUNIÓN DO XURADO E FALLO DO PREMIO
O xurado designado para elixir a obra gañadora reunirase en Mondoñedo o domingo, 14 de outubro.
A entrega do premio ao autor/es ou autora/s da obra gañadora terá lugar en acto público a celebrar no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo o domingo, 21 de outubro, a partir das 12:15h
PREMIO
O premio que se entregará ao/á autor/a da obra seleccionada, ou, en caso de falecemento ou outra causa, a un representante designado polos herdeiros ou titulares dos dereitos da obra premiada, consistirá nun diploma acreditativo deseñado polo debuxante mindoniense J. Pedro Gómez, e unha obra artística orixinal e única, creación do artista, tamén mindoniense, Xosé Vizoso.
COMPOSICIÓN DO XURADO
Composición do xurado para a edición correspondente ao ano 2018, modalidade TEATRO.
Presidente: Antonio Reigosa, cronista oficial de Mondoñedo.
Vogal designado polo Consello da Cultura Galega.
Vogal designado pola Real Academia Galega
Vogal designado pola Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG).
Vogal designado pola Asociación Galega de Editoras.
Vogal designado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia.
Vogal designado por Escena Galega, Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas.
Vogal designado polo concello de Mondoñedo.
Secretario: Fran Bouso, designado pola asociación convocadora deste premio.
Os nomes faranse públicos unha vez fallado o premio. Nin o presidente do xurado nin o secretario poden propoñer nin votar obras.
OBRAS FINALISTAS
Unha vez recibidas as propostas de todos os membros do xurado faise pública a listaxe das 11 obras finalistas:
1.-Onde andas Karl?
Autor: Rubén Ruibal
Embora, 2009
2.-Flores de Dunsinane
Autor: Manuel Lourenzo
Xerais, 2010
3.-As do peixe
Autor: Candido Pazó
Contraproducións, 2013
4.-Sempre quixen bailar un tango
utora. Teresa González Costa
Xerais, 2009
5.-Eroski Paraíso
Autor: Chévere
Kalandraka 2016
6.-Suite Artabria
Autor: Manuel Lourenzo
Xerais, 2017
7.-O refugallo
Autora: Paula Carballeira
Xerais, 2013
8.-Os cans non comprenden a Kandisnsky
Autora: Avelina Pérez
Erregueté, Revista Galega de Teatro, nº 91, 2017.
9.-Voaxa e carmín
Autora: Esther F. Carrodeguas
Difusora de Letras, Artes e Ideas, 2016
10.-Raclette
Autor: Santiago Cortegoso
Xerais, 2015
11.-Nome: Bonita
Autora: Vanesa Sotelo
Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música, 2015.
PREMIOS 2016 e 2017 (Recordatorio)
Na primeira edición correspondente ao ano 2016 o xurado elixiu como mellor obra na modalidade de Narrativa publicada en galego entre os anos 2006 e 2015 “Os libros arden mal” da autoría de Manuel Rivas, publicada por Edicións Xerais de Galicia, 2006.
Na segunda edición correspondente ao ano 2017 o xurado elixiu como mellor obra na modalidade de Poesía publicada en galego entre os anos 2007 e 2016 “Hordas de escritura” da autoría de Chus Pato, publicada por Edicións Xerais de Galicia, 2008.
Mondoñedo, 6 de outubro de 2018




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



