Santiago, 16 de outubro de 2018. En Marea pide á Xunta de Galicia que se ocupe dos tres traballadores de Arriva que terían que ser subrogados cara á UTE Morán e Autocares Rodríguez e que permancen sen traballo. En Marea considera culpable á Xunta de Galicia da situación destes tres traballadores, unha situación moi precaria e que se debe ás présas con que a Xunta realizou o proceso de renovación das concesións de transporte. É por iso que En Marea insta á Xunta a buscar unha solución para estes tres traballadores e, asemade, a ter en conta no futuro, nos pregos das concesións, cláusulas que impidan situacións de desprotección das persoas traballadoras nas subrogacións.
Derivado das concesións autonómicas de transporte colectivo de viaxeiros, dende agosto de 2017, tres traballadores da empresa Arriva que tiñan que ser subrogados á nova empresa, aínda están sen traballo. Dous deles xa teñen sentenza a favor, pero a UTE Morán e Autocares Rodríguez Domínguez S.L (a nova concesionaria) non as cumpre, e un dos traballadores aínda está pendente de xuízo.
A Xunta comprometérase a garantir a permanencia dos postos de traballo da xente que fora despedida en agosto, pero Morán non subrogou a estes traballadores nin cumpre as sentenzas e a Xunta, é evidente, non fixo seguimento dos casos.
O que tiña visos de ser unha solución rápida e axeitada converteuse nun proceso dilatorio, no que estas persoas agardan a que as sentenzas se confirmen en instancias superiores, mentres eles consumen as súas prestacións.
O goberno galego non está actuando na procura do benestar destas persoas, que viven nunha situación de incertidume entre dúas empresas, a empresa Arriva, saínte da concesión e outra entrante, a UTE Morán e Autocares Rodríguez Domínguez S.L. e as persoas traballadoras no medio, consecuencia dun plan apresurado forxado na Consellería de Transportes e Mobilidade que sacou a concurso a concesión XG533 (Viveiro – Ribadeo). A empresa Arriva enviou un burofax polo que comunicou aos traballadores que formaban parte da nova empresa UTE Morán cos mesmos dereitos e obrigas que tiñan anteriormente, pero cando foron asinar o contrato, Morán non o fixo. Polo que se atoparon cobrando o paro, a piques de quedar sen ingresos, na procura de que a empresa adxudicataria cumpra cos pregos de adxudicación, e subrogue aos traballadores, e efectivamente dispoña de carga de traballo, ou ben que os despida formalmente, para que poidan buscar traballo noutra empresa, entendéndose coa Xunta, pois os traballadores non teñen a culpa das presas da Consellería.
A deputada de En Marea, Paula Vázquez Verao, preguntará no Parlamento de Galicia, sobre se a Xunta ten pensado intervir nesta situación e dar solución á precariedade na que se encontran estes tres traballadores.
1.- É coñecedora a Xunta da situación derivada de facer os pregos de condicións e as adxudicacións de transportes a presa e a correr?
2.- Que medidas pensa tomar a Xunta de Galicia para solucionar o problemas destas persoas traballadoras?
3.- Por que a Xunta non intercede pola situación precaria dos traballadores, cando foi a Consellería de Infraestruturas a detonante da mesma?
4.- Por que non considera a Xunta a posibilidade de obrigar as empresas, mediante a inserción de cláusulas adicionais nos contratos, que no caso de subrogacións e mentres non se solucione a contenda xudicial, a empresa entrante asuma a contratación dos traballadores de xeito provisional?
5.- É consciente a Xunta da situación de precariedade por non poder buscar traballo, e o esgotamento das prestacións que cobran as persoas que sosteñen provisionalmente as súas familias e nestas idades, nas que é amplamente dificultoso a reciclaxe e reincorporación ao mercado laboral?




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



