Lugo, 16 de outubro de 2018.- O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición de hoxe unha resolución da Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde pola que se fai pública a formalización do contrato para a subministración do mobiliario necesario para as novas plantas de hospitalización do Hospital Público da Mariña.
O orzamento de adxudicación supera os 140.000 euros, cos que o Sergas adquiriu mobiliario de hospitalización para as novas habitacións da zona ampliada que se está a construir. En concreto, por medio deste concurso, adquiríronse novas camas de hospitalización, sillóns de acompañante/paciente e mesillas para a posta en funcionamento das novas unidades de hospitalización.
Nestes momentos, as obras de ampliación do Hospital Público da Mariña, atópanse a piques de rematar, e está previsto que sexan entregadas ao Sergas pola empresa construtura nas vindeiras semanas. A previsión do Sergas é poñer en funcionamento canto antes a nova área, para a que xa está a adquirir o equipamento necesario para as novas áreas e servizos.
De feito, xunto a este concurso de adquisición de mobiliario que se vén de formalizar, a semana pasada o Sergas tamén licitou a compra, por máis de 720.000 euros, de todo o equipamento tecnolóxico para renovar por completo o Servizo de Oftalmoloxía do Hospital da Mariña, que tamén irá emprazado no novo edificio do Hospital da Mariña. Este investimento permitirá modernizar e renovar de forma integral o Servizo de Oftalmoloxía do Hospital Público da Mariña, co obxectivo de mellorar a cobertura sanitaria á poboación da súa área de referencia, dotando a este centro hospitalario da tecnoloxía máis avanzada para a atención ofltalmolóxica dos pacientes da súa área.
A primeira fase das obras de ampliación do Hospital Público da Mariña conta cun investimento de máis de 12 millóns de euros. Trátase dunha actuación fundamental para a sanidade pública desta comarca, pois permitirá modernizar esta infraestrutura hospitalaria e ampliar nun terzo as dimensións do actual edificio.
As obras suporán incrementar con 6.000 metros cadrados máis a actual superficie do Hospital da Mariña (que conta con 17.600 metros cadrados construidos), o que supón un 30% máis de incremento da súa superficie. Para iso levantouse un novo pavillón, en forma de “L”, con catro plantas na zona máis longa e dúas na parte máis curta, cuxas obras están practicamente finalizadas.
Os traballos de ampliación do Hospital da Mariña realizáronse de forma compatible co funcionamento do centro e garanten a integración estética da nova construción co inmoble xa existente.
Hospitalización
A nova área de hospitalización do Hospital da Mariña, á que se destina o mobiliario que se vén de adquirir, duplicará o seu espazo unha vez rematada a ampliación, pasando dos case 2.800 metros cadrados actuais aos máis de 4.500 con que contará proximamente.
A ampliación do Hospital da Mariña inclúe, non só a creación dunha nova área de hospitalización con 24 novas habitacións, senón tamén a remodelación e modernización das outras trinta habitacións actuais. Isto mellorará de forma substancial a confortabilidade dos pacientes, as circulacións e o traballo dos profesionais.
Tamén se actuará noutras áreas do hospital, pois na área de consultas construirase unha nova zona ambulatoria, que deixará espazo libre para futuras actuacións no centro. Pola súa banda, na área ambulatoria, estableceranse novos gabinetes de exploración e unha nova sala de cirurxía. Ademais, crearanse novos postos de hospital de día e fortalécense os coidados intermedios.
As obras de ampliación do Hospital Público da Mariña dotarán a esta comarca dun hospital máis grande (cun 30% máis de superficie que o actual), con máis servizos, máis accesible e confortable, adaptado ás necesidades dos pacientes e profesionais.



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



