Lugo. 30 de outubro, 2018. O Grupo Provincial do PP consegue no Pleno, cos votos a favor , que a Deputación de Lugo inste ao Goberno do Estado a que renuncie ao gravame sobre o diésel cando menos ata que se produza unha transición ordenada de tecnoloxías tendo en conta o impacto negativo que ten sobre o emprego e sobre as clases medias e colectivos máis vulnerables. É que “nesta medida do Goberno socialista hai moita ideoloxía e pouca ecoloxía”, segundo din os populares lucenses que consideran que “a loita contra o cambio climático non se pode facer de forma improvisada porque, deste xeito, pagarana os máis débiles”.
Neste sentido, propoñen ao Goberno do Estado que só cando finalice ese período de transición, no caso de que persista na intención de subir o imposto do diésel, se garanta que queden excluídos do mesmo todos os autónomos e profesionais, sen discriminación a ningún sector, así como todos os colectivos vulnerables.
Os populares explican que España, cunha produción próxima aos 3 millóns de vehículos, é o segundo fabricante de automóbiles de Europa e oitavo do mundo, cun impacto moi importante para a nosa economía, xa que representa o 8,6% do PIB e, sobre todo, na creación de emprego, xa que é responsable do 9% do emprego total, de forma directa e indirecta en toda a cadea de valor.
Pola súa banda, Galicia produce máis de 400.000 vehículos ao ano e conta coa segunda factoría máis produtiva de España.
En Lugo o impacto é aínda maior
En Galicia o 85% do consumo de combustible de automoción é diésel (datos oficiais xaneiro-agosto 2018), pero en Lugo o impacto é aínda maior: máis do 88% do consumo de combustible na provincia é diésel. Por iso desde Galicia e desde Lugo opoñémonos con máis forza a este ‘dieselazo’ porque o impacto na nosa terra é maior que no conxunto de España, onde o consumo do diésel representa o 82%.
Un exercicio de irresponsabilidade
Tendo en conta que o 42% dos vehículos fabricados no noso país son diésel (en Galicia, representa o 75% da produción de vehículos), parécenos unha irresponsabilidade que o Goberno socialista emprendera unha guerra contra esta tecnoloxía, cuxo máximo expoñente foron as declaracións da Ministra de Transición Ecolóxica sinalando que “o diésel ten os días contados”.
“Non entendemos que se poña en risco o futuro de 40.000 traballadores e 17 fábricas no conxunto de España, e de máis de 6.000 traballadores e da planta de produción de vehículos en Galicia, que se manteñen grazas á produción de vehículos diésel, ademais de todo o emprego xerado na industria auxiliar”, precisan.
Compartindo da necesidade de reducir as emisións e cumprir con compromisos internacionais, desde o PP cren que o foco hai que poñelo nos vehículos máis contaminantes, e estes non sempre son os vehículos diésel. Un vehículo diésel moderno, que cumpre coa normativa Euro 6, é menos nocivo e contaminante que un vehículo de gasolina equivalente, e moito menos que calquera vehículo de gasolina con máis de 10 anos de antigüidade.
“Non se pode, polo tanto, demonizar unha tecnoloxía que é tan importante para o noso país desde o punto de vista produtivo, poñendo en risco miles de empregos. Calquera cambio hai que facelo de forma gradual e ofrecendo alternativas”, aseguran.
Ánimo meramente recadador
Os populares consideran que a suba do imposto ao diésel ten un ánimo meramente recadador, posto que está demostrado que non produce un cambio no consumo enerxético e afecta directamente ás familias, autónomos e pemes.
En España hai 17 millóns de propietarios de vehículos diésel (en Galicia 200.000), incluídos os 600.000 que compraron o seu coche diésel en 2017 sen saber “que o diésel ten os días contados”. Un uso razoable de 20.000 quilómetros ao ano, cun consumo medio de 6 litros e 10 céntimos de subida por litro, supón un pago extra de 120 euros ao ano. A elo hai que engadirlle os miles de fogares españois, especialmente de zonas rurais e illadas, que utilizan sistemas de calefacción que utilizan gasóleo como combustible e que verán incrementada a súa factura os meses de inverno 36-38 euros.
Adicionalmente, hai máis dun millón de agricultores cuxa maquinaria está movida por este tipo de combustible: 62.000 colleitadoras, 280.000 motomáquinas e 1.100.000 tractores, entre outras.
Ademais, segundo a Asociación de Traballadores Autónomos (ATA) máis de 200.000 autónomos traballan grazas aos seus coches ou furgonetas de tracción diésel. Entre eles, hai nada menos que 40.000 taxistas e 20.000 repartidores. Pero tamén hai 25.000 axentes comerciais e miles de condutores de ambulancias, axentes de seguros, floristerías, traballadores da construción, empresas de movementos de terras e un largo etcétera de profesionais que requiren o uso do seu vehículo como unha ferramenta imprescindible para o seu traballo.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



