Lugo, 31 de outubro de 2017. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco, presentou este mércores no Concello de Muras o II Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 4 de novembro.
Rivera Capón remarcou que “esta proba é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos como a Serra do Xistral. O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa A Veiga, e discorrerá por zonas de especial interese medioambiental preto da Serra e o Río Eume. Trátase dun entorno natural único que se pon en valor a través de probas que gozan de grande interese para os deportistas, o que axuda a promover a riqueza medioambiental e patrimonial da que dispomos. De feito, xa son 250 os participantes inscritos de toda Galicia”.
Percorrido e inscricións
O II Trail das Bestas de Muras arranca o vindeiro 5 de novembro. Hai 4 probas deportivas, o maratón de 43 km, con saída as 08:30 horas, e o dúas modalidades de Trail, unha de 26 quilómetros e outra de 14 quilómetros, e unha andaina doutros 14 km. Todas elas con saída ás 09:30 horas, dende a Área Recreativa da Veiga, o percorrido será circular con saída e meta nesta mesma Área.O circuíto estará marcado con cinta de balizamento e con sinais de dirección nos cruces. As categorías serán as seguintes para ámbalas carreiras; senior masculino ou feminino dende os 18 ata os 45 anos, e veterán ou veterana a partir dos 46 anos. A idade a ter en conta é a idade que terá o corredor a final do ano.
As inscricións realízanse na páxina https://tracktherace.com/. A inscrición inclúe; seguro asistencia sanitaria e R.C., avituallamentos, (sólidos e líquidos), camisola oficial da proba, comida final, reportaxe fotográfico en aberto, seguemento gps Track The Race e duchas.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
