Lugo, 7 de novembro de 2018. Os veciños da parroquia de San Xoán Ove, da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Santa Cruz e Cápela de Ove, poñen en valor o Mirador da Santa Cruz grazas á colaboración da Deputación. Deste xeito, recuperaron un dos seus recursos turísticos máis senlleiros da zona, ao realizárense actuacións de limpeza na contorna deste mirador, que ofrece unha vista panorámica de parte do Concello e Asturias, así como de núcleos como Vilavedelle, Castropol, Ensenada de la Linera, Figueras, Ponte dos Santos, praia de Peñaronda e a desembocadura do río Eo.
Son actuacións que contaron cunha colaboración da Deputación de 15.500 euros. Neste espazo, que se atopa a uns 3 quilómetros do núcleo urbano de Ribadeo, ademais do miradoiro natural, atópase a Capela de Santa Cruz e dúas cruces de alto valor patrimonial. Tamén, se sitúa na zona o monumento ao gaiteiro, de grandes dimensións, obra do escultor ourensán Antonio Faílde.
Os traballos executáronse nunha superficie duns 5.000 metros cadrados. As actuacións consistiron na retirada de especies forestais alóctonas, para substituílas por especies autóctonas de baixo porte, tales como carballos e castiñeiros, co fin de mellorar a visión da paisaxe desde o miradoiro, ademais de favorecer a rexeneración natural de árbores da zona. Tamén se realizaron traballos de poda das árbores preto da capela, que impedían a entrada de luz no interior desta construción, que podían facer perigar o equilibrio dos muros.
O mirador é unha zona moi empregada tanto por veciños como por visitantes pois ademais de estar situado nun enclave único, conta cunha pequena área recreativa con zona de xogos infantís.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



