Nota de Prensa
O pacto debera servir para ademais de analizar o tecido produtivo, cooperar, coordinar e asesorar aos axentes locais e aos orientadores de emprego municipais e contactar diariamente coas empresas co fin de adiantarse ás súas necesidades
O PP DA MARIÑA CUESTIONA QUE O PLAN TERRITORIAL DE EMPREGO SE CONVERTA NUN SIMPLE SERVIZO DE ESTUDOS ESTATÍSTICOS E RECLAMA MÁIS ACTIVIDADE EN APOIO DAS POLÍTICAS ACTIVAS DE EMPREGO
* Os rexedores de Xove e Cervo asistiron á xuntanza do Comité de Dirección desta entidade onde amosaron o seu escepticismo polo funcionamento deste servizo e a necesidade de reorientar o traballo a desenvolver.
A Mariña, 12 de febreiro de 2009.- Os rexedores do Partido Popular que asistiron á xuntanza posterior ao Comité de Dirección do Pacto Territorial polo Emprego da Mariña deron conta da súa inquedanza ante a posibilidade de que esta oficina se converta exclusivamente nun “servizo de análise estatístico” e, polo tanto, que a súa actividade non se esta a dirixir, como debera, a apoiar e impulsar as políticas activas de emprego que se están a desenvolver na comarca, isto é, as dirixidas á loita contra o paro.
Os primeiros edís de Xove (Demetrio Salgueiro) e Cervo (Alfonso Villares) lembraron que o Pacto Territorial polo Emprego á vista dos feitos e resultados foi mal deseñado polo Goberno bipartito da Xunta, o que lle resta funcionalidade e traballo de campo. O ideal é que o Pacto servira para, ademais de analizar o tecido produtivo, cooperar, coordinar e asesorar aos axentes locais e aos orientadores de emprego municipais e contactar diariamente coas empresas co fin de adiantarse ás súas necesidades de emprego.
“Está máis que claro que o Pacto Territorial de Emprego da Mariña precisa dunha reorientación do traballo desenvolvido. Para realizar actividades que de verdade sirvan para crear novos postos de traballo e impulsar o nacemento de novas empresas”
Os rexedores municipais populares interesáronse por cales foron as iniciativas desenvolvidas distintas do simple análise estatístico así como o número total de traballadores beneficiados pois ata o momento ao respecto do funcionamento deste plan premia o escepticismo
Desde o PP lamentan que ata o momento, a existencia do Pacto Territorial de Emprego nesta bisbarra non se ten relevado coma un instrumento válido para frear as consecuencias da crise nin como xerador de alternativas de formación ou reciclaxe profesional para os desempregados.






















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



